Bartolomé Salas Ribot, nado en Palma o 30 de novembro de 1919 e finado o 25 de agosto de 2013, foi un futbolista balear, que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Peña Soledad e no Juventud Antoniana. Durante a Guerra Civil Española serviu como soldado, participando na Batalla do río Ebro. Unha vez rematada a contenda fichou polo CD Malacitano, ata que volveu a Mallorca e fichou polo Constancia. Militou no equipo de Inca catro tempadas, nas cales incluso acadou o ascenso a Primeira División.
Ese mesmo ano, tempada 1945/46, no que o Constancia debutaría na máxima categoría ficha polo Hércules CF, porén o equipo descendería a Segunda División esa tempada.
En 1946 ficha polo Celta de Vigo, co que debutou o 22 de setembro de 1946 en Barcelona. A tempada seguinte sería unha das mellores da historia do club, na que loitou polo título de Liga ata as últimas xornadas e chegando á final da Copa do Xeneralísimo.
Militou no Celta catro anos, compartindo defensa con xogadores como José Mesa ou Cabiño. Xa iniciada a tempada 1949/50 ficha polo Real Murcia de Segunda División e co que acadou o ascenso ese mesmo ano. Porén o equipo volvería descender e tras un ano máis na categoría de prata deixou o equipo para volver a Mallorca e fichar polo RCD Mallorca, con 33 anos.
En 1956 recibiu a baixa do Mallorca e fichou polo Porreres para ao ano seguinte retirarse do fútbol xogando no Club Deportivo Soledad.
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados en Palma Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do RCD Mallorca