Manuel Ínsua Sánchez, nado na Coruña o 23 de abril de 1890 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1966,La Voz de Galicia, 12-10-1966, p. 4. foi un político e empresario galego.
Traxectoria Profesor mercantil e funcionario de carreira. Secretario da Juventud Republicana da Coruña en 1910El Noroeste, 12-12-1910, p. 1. e membro da Irmandade da Fala da Coruña. Foi elixido concelleiro pola ORGA nas eleccións do 12 de abril de 1931. Foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 31 de outubro de 1931 permanecendo no cargo ata o 22 de maio de 1932. O 15 de xullo de 1932 foi elixido presidente da Deputación da Coruña permanecendo no cargo ata o 9 de febreiro de 1934. Foi destituído como concelleiro en outubro de 1934, ao ter lugar unha alternancia no poder no goberno do concello, sendo relevada a ORGA polo Partido Republicano Radical Socialista. Afiliouse a Izquierda Republicana e foi candidato a compromisario para a elección do presidente da República en abril de 1936. Fundador de Ínsua y Vizoso, empresa de subministracións para a construción. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, unha vez instaurada a ditadura, abandonou toda actividade política, dedicándose exclusivamente á súa actividade empresarial.
Vida persoal Casou con Enriqueta López Freire en 1915El Noroeste, 13-1-1915, p. 3..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Finados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados na Coruña