Para o profesor e investigador véxase Víctor Gulías.
Víctor Gulías Vicioso, nado en San Juan de la Maguana en 1962 e finado en Santo Domingo o 28 de marzo de 2007, foi un xornalista dominicano e galego.
Traxectoria Fillo do emigrante galego Víctor Gulías Ferreiro, criouse na localidade de Azua. Notable xornalista dominicano, era columnista do xornal Hoy. Director de prensa no consulado dominicano en Porto Rico e posteriormente director de comunicación na mesma oficina, foi xefe de prensa da asociación supramunicipal Liga Municipal Dominicana. En 2007 asumiu o cargo de ser xefe de prensa da candidatura do político Amable Aristy á presidencia da República Dominicana, que finalmente foi derrotado en 2008 por Leonel Fernández.
Faleceu asasinado logo de recibir 32 coiteladas. Entre as causas do crime baralláronse motivos sentimentais e de roubo.
Notas
Categoría:Galegos da República Dominicana Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1962 Categoría:Finados en 2007