miniatura|250px|Debuxo dun daguerrotipo.|alt= O daguerrotipo foi o primeiro procedemento fotográfico anunciado publicamente, construído e perfeccionado por Louis Daguerre en 1839 a partir das experiencias previas de Joseph Nicéphore Niépce.
Está considerado un precursor da fotografía moderna, e foi unha ponte entre a cámara negra creada por Zahn e retocada por Joseph Nicéphore Niépce, e a cámara de obxectivo do alemán Petzvalen. As publicacións do momento deron a coñecer o novo aparato á sociedade, pero supuxo sobre todo unha revolución no mundo da información, xa que permitiu cubrir feitos históricos como as guerras de Crimea e da Secesión Americana, dando lugar a un novo xénero fotográfico: o fotoxornalismo.
Características O proceso para a obtención da imaxe parte dunha placa de metal; podía ser de prata, pero para ser máis accesíble era xeralmente de cobre chapado en prata. Esta placa pulíase con pó abrasivo ata conseguir un espello e aplicábase vapor de iodo, creando unha capa de ioduro de prata a cal é fotosensible. Metíase nunha cámara escura e expoñíase á luz que pasaba polo obxectivo. Deste proceso obtíñase un positivo na placa co reactivo e vapores de mercurio a imaxe fáse visible. Para fixar a imaxe utilizábase cloruro sódico ou tiosulfato sódico diluído, sumerxindo a placa e detendo a reacción química previa, eliminado o ioduro de prata non exposto.
A finais do ano 1840 conseguíranse tres progresos técnicos no daguerrotipo. En primeiro lugar, conseguiuse unha lente ata 22 veces máis brillante. Amais, aumentouse a sensibilidade das placas ante a luz ó ser recubertas por substancias halóxenas (aceleradores ou substancias rápidas), co que o tempo de exposición se reduciu. Por último, as placas douráronse para enriquecer os tons.
Véxase tamén
Outros artigos Heliografía Calotipo Debuxos fotoxénicos Colodión Húmido Xelatino-bromuro
Categoría:Fotografía Categoría:Historia da fotografía