Este artigo trata do nacemento do reino de Portugal na Idade Media. Para a independencia de Portugal do reino de Filipe IV de España (Filipe III de Portugal), véxase Historia de Portugal#Casa de Braganza#Independencia.
miniatura|Hispania no 721 d.C. unha vez finalizada a conquista musulmá dos territorios dos últimos reis visigodos. miniatura|A Península Ibérica o ano 1037. miniatura|O condado portucalense miniatura|Estatua de Afonso Henriques en Guimarães
Aínda que a teoría clásica da historia española sostén, sen fundamento, unha moi rápida ocupación musulmá da Península Ibérica e unha suposta Reconquista polos descendentes dos visigodos, na realidade a súa presenza no noroeste peninsular foi, de existiren, efémera. Neste espazo cristian axiña se desenvolveu un novo estado, o reino da Galiza, do que nacerían andando os anos outros como Castela ou Portugal.
O rei Afonso III de Galicia (848-910) conquista, en 868, a cidade do Porto e, en 878, a de Coímbra. Ordena a redacción das súas crónicas, coas que pretendía establecer un vinculo xenealóxico entre él e os derradeiros reis visigodos.
Á súa morte dividiu o seu reino entre os seus fillos: a Ordoño deixoulle a franxa occidental —a actual Galicia e norte de Portugal—, como rei de Galicia); a Froila, a franxa cantábrica —actuais Asturias e Cantabria— como rei de Asturias), e a García I, a cidade de León co seu territorio, o chamado territorio legionense ou terra de foris. Unha zona de expansión onde remataría por establecerse a capital do reino.
Algúns anos máis tarde, o rei Afonso VI de León recibe a axuda, para a reconquista do reino de Galicia das incursións dos almorábides, de dous cruzados franceses, os primos Raimundo e Henrique de Borgoña e, como premio, dálles as mans das súas fillas Orraca e Tareixa, respectivamente, coas dotes dos condados de Galicia e Portugal (este último feudatario do de Galicia), nos que dividiu o reino de Galicia. En 1096 Afonso, descontento coa política de Raimundo, desvincula o condado Portucalense do de Galicia, dándolle plena autonomía a este último, que pasa a ser feudo directo do rei de León.
Deste condado nacería o reino de Portugal. Henrique gobernou no sentido de conseguir unha máis ampla autonomía para o seu condado, deixándolle ao seu fillo Afonso Henriques unha terra portucalense máis libre, e máis ampla territorialmente, da que recibira. Á morte de Henrique (1112) sucedeulle no goberno do condado a súa viúva Tareixa durante a minoridade do fillo de ambos, Afonso Henriques.
Inicialmente, o pensamento de Tareixa foi igual que o do seu esposo, fortalecer a vida portucalense en conseguir a independencia para o condado. E así, en 1121, comezou a titularse como raíña. Pero os moitos conflitos coa nobreza, coa xerarquía eclesíástica, e a influencia que concedeu a algúns nobres galegos do norte, especialmente a Fernán Pérez de Traba na xestión dos negocios públicos, prexudicou o seu esforzo, sendo obrigada a abandonar as súas pretensións e a cambiar de política e, finalmente, a abdicar no seu fillo, que se rebelara contra ela.
En efecto, Afonso Henriques, aos 14 anos de idade, en 1125, apoiado pola nobreza portuguesa e o alto clero, armouse por si mesmo cabaleiro no desterro, en Tui. A loita entre Afonso Henriques e a súa nai culmina o 24 de xullo de 1128 na batalla de San Mamede (Guimarães), tras a que Tareixa, derrotada, é expulsada da terra que dirixira durante 15 anos; Afonso tomou a plena posesión do condado, e declarouno, despois da batalla de Ourique, reino independente.
Antecedentes
O primeiro Condado Portucalense No actual territorio de Portugal, ao longo do proceso da Reconquista, houbo dúas entidades políticas coñecidas como Condados Portucalenses ou Condados de Portucale.
O primeiro condado foi fundado polo nobre galego Vimara Pérez (ou Vímara Peres, ou Guímara Peres), conde da Coruña, despois da toma (ou repoboación) de Portucale (Porto), en 868. Ocupaba un territorio aproximado ao do actual Entre-Douro-e-Minho. O condado foi gobernado por varios descendentes de Vimara, até que foi incorporado plenamente ao Reino de Galicia en 1071, cando o rei García tivo que sufocar a rebelión do seu titular, o conde Nuno II Mendes, que sería derrotado na batalla de Pedroso, pasando o título a mans reais. Porén, durante toda a súa existencia, aínda que gozando de ampla autonomía, o condado constituíu sempre unha dependencia dos Reinos de Asturias, León e Galicia)
O segundo Condado Portucalense miniatura|dereita|250px|Mapa do reino durante o goberno de Sancha e Fernando I antes do ano 1065. miniatura|dereita|250px|Mapa que amosa a fragmentación do reino despois do ano 1065, dividíndose da seguinte maneira:
Vermudo III, fillo do rei Afonso V o Nobre e da aristócrata galega Elvira Meendiz, herdou o goberno de toda Galicia con apenas 17 anos de idade, sendo recoñecido como Imperator in Gallecia, é dicir, "emperador en Galicia", desde a cidade de León —daquela capital do reino— tivo que facer fronte ás reclamancións territoriais que o reino de Navarra mantiña sobre o condado de Castela. Para iso propiciou o matrimonio entre a súa irmá, Sancha, co conde castelán García Sánchez. Pero ao ser asasinado o conde castelán nas vésperas da voda pola familia rival (a familia Vela), herda o condado de Castela o rei navarro Sancho III O Maior, que o cede ao seu fillo Fernando quen remata por casar con Dona Sancha. O feito de que o mozo Vermudo III encabezase a primeira liña da carga de cabalería e morrera dunha lanzada, permitiu a navarros e casteláns vencer na batalla de Tamarón. Coa morte de Vermudo III, o trono galego recae na súa irmá, Sancha (Sancha), que sería coroada como raíña (Sancha I). Finalmente, o casamento de Fernando propiciará que este sexa considerado "rei consorte" de toda Galicia (domus Fernandus princeps super omnem Galletiam)Documento n. 534 do Tombo de Celanova, ano 1060., gobernando desde a cidade de León. Ambos conseguiron non só manter o territorio herdado senón tamén amplialo, recuperando algunhas cidades perdidas como a importante Coímbra, que volvía render vasalaxe aos reis galegos, pese a que o seu gobernador fose musulmán.
Pero a morte do rei Fernando I en 1065 supuxo un novo conflito interno, pois no canto de recaer a coroa nun único herdeiro, o goberno foi disputado polos seus tres fillos maiores, que pasaron a gobernar autonomamente os territorios nos que conseguiran establecer relacións familiares. Se ben é verdade que parte da historiografía considera tal feito como unha repartición xa predisposta por Fernando I antes da súa morte, a titulación de Sancha como raíña aínda, e a ausencia de calquera documento de repartimento feito por Fernando I ou Sancha induce a pensar que non existiu tal repartición. Anos máis tarde, cada un dos tres fillos aparecía gobernando diferentes territorios en calidade de reis, así o maior, Sancho II dominou as terras orientais, o condado de Castela grosso modo, Afonso VI a capital, León, e as súas terras próximas así como Asturias, o terceiro García I herdou as terras galegas entre Coímbra e o Cabo Ortegal. Aínda que esta situación tivo por consecuencia a fragmentación política do reino de Galicia. "Galicia" (ou "Galiza") seguiu sendo o termo que se empregaba para denominar o conxunto destas terras.
García I restaurou as sedes de Tui e Braga (a antiga metrópole sueva), e venceu varios conatos de anexión, pero finalmente foi derrotado polos exércitos dos seus irmáns Sancho II de Castela e Afonso VI en 1071Esta historia chegou a inspirar a Victor Hugo a creación da epopea Le Petit Roi de Galice (traducida como O reiciño de Galicia ), incluída na primeira serie da obra La Légende des siècles., que o encarceraron no Castelo de Luna (León) sendo prisioneiro até a súa morte no ano 1090. Os irmáns de García asinarían xa no ano 1071 co título de reis de Galicia na documentación galega do momento. García morreu en marzo de 1090 na prisión do castelo, e sempre se lle recoñeceu a dignidade real.
Esta nova situación non se acadou sen resistencias, pois García contaba con nobres leais que se opuxeron á usurpación de Afonso VI, tales como o conde Rodrigo Ovéquiz que encabezou unha rebelión no ano 1080 abertamente respaldada polo bispo de Santiago Diego Páez. Este foi finalmente deposto no Concilio de Husillos (1088), e entre os motivos de tal deposición cítase un presunto intento de concertar un acordo con Guillerme o Conquistador.
Cara á independencia Henrique de Borgoña miniatura|200px|Henrique de Borgoña.
En 1065, o Condado de Portucale e Galicia formaban parte do territorio atribuído por Fernando I ao seu fillo máis novo García, que foi o primeiro monarca que usou o título de "Rei de Portugal e Galicia". Mentres, el loitaba para controlar os seus nobres irascíbeis. Coa súa vitoria en 1071, na batalla de Pedroso, onde derrota a Nuno II Mendes, o Condado de Portucale extínguese, pasando ao rei García.
Máis tarde, en 1071, os seus irmáns Afonso VI e Sancho II tomaran o reino de Portugal e Galicia, expulsando a García. Na primavera seguinte, Sancho, á súa vez, expulsou a Afonso, volvendo a xuntar os tres reinos, o de León, o de Portugal e Galicia e o de Castela. Sancho aparece identificado como rei nun documento portugués de 1072. Co asasinato de Sancho, máis tarde, no mesmo ano, Afonso VI sucedeuno na coroa de León (que abranguía os tres reinos).
Tras a morte de García en prisión, en 1096 Afonso VI dividiu o territorio galego en dous condados. En 1091 a súa filla, a princesa Orraca casara co nobre borgoñón Raimundo de Borgoña, que asistira a Afonso na loita cos almorábides. As vitorias militares de Raimundo e a altura das súas relacións familiares en Europa propiciaran a conveniencia do enlace matrimonial, matrimonio ao que Afonso VI outorgou un importante dote: o goberno das terras galegas, desde o Ortegal até Coímbra, co título de condes. miniatura|200px|Representación gótica de Tareixa (dereita). Mosteiro de Toxosoutos. 200px|miniatura|A princesa Orraca gobernou Galicia xunto co seu marido Raimundo até que en 1093 Afonso VI decide separar o condado de Portugal de Galicia e concederllo a Henrique e Tareixa.Miniatura medieval. Catedral de Santiago de Compostela.
miniatura|200px|O castelo de Guimarães.
Nesta altura, o pulo das expedicións almorábides recomendaba a distribución dos poderes militares, para reforzar mellor o territorio: un mando na zona central, a cargo do propio rei Afonso VI; outro, non oficial, exercido por El Cid en Valencia, e o terceiro en occidente, entregado a Raimundo. Pero este último non conseguiu defender eficazmente a liña do Texo —tendo xa perdido Lisboa, que fora cedida aos leoneses polo rei da taifa de Badaxoz, xuntamente con Santarém, que estaba tamén a piques a caer nas mans dos almorábides— e esta sería unha das razóns que atribúen algúns historiadores modernos da decisión tomada por Afonso VI Moito se ten especulado a cerca das razóns que levaron a Afonso VI a incluír a Henrique de Borgoña nos seus plans: quizais por ser sobriño da falecida raíña Constanza de Borgoña (e máis poderoso, por tanto, que Raimundo de Borgoña, por pertencer á liñaxe dos duques e non dos condes de Borgoña); ademais, era tamén sobriño-neto de Santo Hugo de Cluny, o que introduce a hipótese de facer de Henrique un caudillo militar para favorecer os intereses da Orde de Cluny no territorio. de reforzar aínda máis a defensa militar occidental, dividindo en dúas a zona atribuída inicialmente a Raimundo, e entregando a máis exposta a Henrique de Borgoña.
Dous anos máis tarde, en 1093, outro cruzado francés, Henrique de Borgoña, parente de Raimundo, neto do duque Roberto I, tomaba a man da filla máis nova de Afonso VI, Tareixa de León recibindo o goberno do Condado de Portugal, así como o de Coímbra, fundado o ano 868 polo nobre galego Vimara Pérez, e que comprendía as terras situadas entre os ríos Limia e Douro.