Falconsat 1 foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 27 de xaneiro de 2000 mediante un foguete Minotaur 1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.

Características Falconsat 1 foi un satélite pertencente ó programa Falcon da Forza Aérea dos Estados Unidos de microsatélites para aplicacións e probas tecnolóxicas. Levaba a bordo o experimento CHAWS (Charging Hazards and Wake Studies) e aínda que foi posto en órbita con éxito non se conseguiu poñelo completamente en funcionamento, aparentemente debido a problemas co sistema de enerxía, incapaz de cargar completamente as baterías de a bordo. As operacións co satélite cesaron despois dun mes tras a posta en órbita. Falconsat 1 foi inxectado nunha órbita inicial de 809 km de apoxeo e 752 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 100,2 graos e un período de 100,4 minutos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Falconsat 3 Falconsat 5 Falconsat 6 Falconsat 7

Categoría:Satélites artificiais