Ip Man 2 (na escrita tradicional 葉問2:宗師傳奇 e na simplificada 叶问2:宗师传奇; en pinyin Yè Wèn Ěr: Zōng Shī Chuán Qí) é un filme producido en Hong Kong e dirixido por Wilson Yip que se estreou no 2008. É un filme biográfico de artes marciais vagamente baseado na vida de Yip Man, un gran mestre do Wing Chun e mentor de Bruce Lee. É unha secuela do filme de 2008 Ip Man, e está protagonizado por Donnie Yen, que volve a interpretar o papel principal. A historia ten lugar despois dos eventos do primeiro filme, e céntrase na vida de Ip no Hong Kong dominado polo Imperio Británico.

Sinopse Yip Man (Donnie Yen), chega a Hong Kong e abre unha escola de Wing Chun, pero axiña entrará en conflito cun mestre local de Hung Gar chamado Hung Jan-nam (Sammo Hung). As tensións entre os dous mestres de Kung fu segue incrementándose, e iso fai que se vexan forzados a baterse en combate.

Personaxes Donnie Yen como Yip Man Sammo Hung como Hung Chun-nam Huang Xiaoming como Wong Leung Lynn Hung como Cheung Wing-sing Kent Cheng como Fatso To Yu-hang como Cheng Wai-kei Ngo Ka-nin como Leung Kan Fan Siu-wong como Jin Shanzhao Darren Shahlavi como Taylor "The Twister" Milos Simon Yam como Chow Ching-chuen Calvin Cheng como Chow Kwong-yiu Charles Mayer como Wallace Lo Mang como Mestre Law Fung Hak-on como Mestre Cheng Brian Burrell como o emcee Jean Favie como o xuíz que cambia as regras durante o combate.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes ambientados en Hong Kong Categoría:Filmes con banda sonora de Kenji Kawai