Into the Wild é un filme biográfico estadounidense dirixido por Sean Penn que se estreou no 2007. É unha adaptación do libro non ficticio de 1996 Into the Wild, escrito por Jon Krakauer baseándose nas viaxes de Christopher McCandless a través de Norte América. O filme está protagonizado por Emile Hirsch como McCandless, por Marcia Gay Harden e William Hurt como os seus pais, e tamén aparecen Catherine Keener, Vince Vaughn, Kristen Stewart e Hal Holbrook.

Sinopse A comezos dos anos noventa, o novo e idealista Christopher McCandless (Emile Hirsch), adopta o nome de Alexander Supertramp, deixa as súas posesións e os seus aforros á beneficencia e abandona o mundo civilizado con rumbo á salvaxe Alasca para entrar en contacto coa natureza e descubrir o senso da vida.

Personaxes Emile Hirsch como Christopher "Alexander Supertramp" McCandless Marcia Gay Harden como Billie McCandless William Hurt como Walt McCandless Jena Malone como Carine McCandless Catherine Keener como Jan Burres Brian H. Dierker como Rainey Vince Vaughn como Wayne Westerberg Zach Galifianakis como Kevin Kristen Stewart como Tracy Tatro Hal Holbrook como Ron Franz Thure Lindhardt como Mads Signe Egholm Olsen como Sonja Jim Gallien como El mesmo Leonard Knight como El mesmo R. D. Call como Bull Brandon Fox como Operador

Galardóns e nomeamentos 2007: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor actor secundario (Hal Holbrook) e montaxe. 2007: Globo de Ouro: Mellor canción orixinal. 2 nomeamentos. 2007: Nomeado ó Cesar: Mellor filme estranxeiro. 2007: National Board of Review: Mellor actor revelación (Emile Hirsch). 2007: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Finalista a mellor actor secundario (Hal Holbrook). 2007: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores filmes do ano

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Vantage Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Dacota do Sur Categoría:Filmes rodados en Arizona Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes rodados en Alasca Categoría:Filmes rodados en Oregón Categoría:Filmes rodados en Nevada Categoría:Filmes sobre supervivencia Categoría:Filmes ambientados en 1990 Categoría:Filmes ambientados en 1991 Categoría:Filmes ambientados en 1992 Categoría:Filmes ambientados en Virxinia Categoría:Filmes ambientados en Alasca Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes ambientados en Atlanta