Barreiro é unha cidade portuguesa do Distrito de Setúbal, na Rexión de Lisboa e a subrexión da Península de Setúbal. En 2011 tiña 78 764 habitantes. Barreiro foi elevado a cidade o 28 de xuño de 1984. O día de festa local é o 28 de xuño.
Xeografía A cidade de Barreiro é a cabeza dun pequeno concello de 33,81 km² e 78 764 habitantes repartidos en 8 freguesías. O concello limita ao leste co concello de Moita, ao sueste co de Palmela, ao sur con Seisimbra, ao oeste con Seixal, e ao norte co río Texo, estando da outra marxe do río a cidade de Lisboa. Está situada a uns 40 km de Lisboa (unida a esta pola Ponte 25 de Abril ou a Ponte Vasco da Gama) e a cerca de 35 km de Setúbal, capital do distrito e cuxo acceso máis destacado é pola A2.
Freguesías Alto do Seixalinho Barreiro Coina Lavradio Palhais Santo André Santo António da Charneca Verderena
Véxase tamén
Ligazóns externas Cámara Municipal de Barreiro Escudo e bandeira do concello de Barreiro Jornal do Barreiro Barreiro no Facebook
Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito de Setúbal