O Mecos Fútbol Gaélico Ogrobe é un club de fútbol gaélico galego, da vila do Grove. Foi fundado en 2012 é membro fundador da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e xoga na Liga Galega de Fútbol Gaélico ademais tamén xoga a Copa Galega de Fútbol Gaélico e o Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico. É o primeiro equipo nacido na comarca do Salnés.

Historia O Club Mecos FG Ogrobe creárono un grupo de mozos da zona, co obxectivo de popularizar e estender o fútbol gaélico entre a mocidade galega. O 5 de novembro de 2012 comezou a xestarse a idea do equipo. O día 24 de novembro decídese dar o paso da creación do equipo, cun grande apoio popular, e o día 22 de decembro de 2012 comezaron os adestramentos.

O 9 de marzo de 2013 xunto cos equipos A Coruña Fillos de Breogán e Irmandinhos A Estrada constitúen a Asociación Galega de Fútbol Gaélico.

O 23 de marzo de 2013 os Mecos xogaron o primeiro partido da súa historia contra os Ártabros de Oleiros no que foi tamén o seu primeiro partido oficial na Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7.

O 22 de xuño de 2013 os Mecos remataron a primeira tempada da súa historia cun 4º posto na Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7 sendo o único equipo que acadou vencer os campións, os Bráithreachas da Estrada.

En xuño de 2013 crease o equipo feminino, o Mecas F.G., que conta cunhas 20 xogadoras. As Mecas forman parte da Liga Galega de Fútbol Gaélico Feminina, que na súa primeira edición tan só tiña 3 equipos, pero na que actualmente compiten 7 equipos galegos. Participan, ademais, na Copa Galega de Fútbol Gaélico Feminina e no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico Feminino.

Na tempada 2013/14 a marcha dos equipos foi moi irregular rematando as súas respectivas ligas cun 3º posto no caso do equipo feminino e un 4º posto no caso do masculino. Porén os resultados da Copa Galega de Fútbol Gaélico foron sensiblemente mellores no caso do equipo masculino que acadou o 3º posto nun campionato con 8 equipos, o que acudían en cadro debido ás numerosas baixas, o equipo feminino rematou a copa en 4º lugar.

Na tempada 2015/2016 o equipo masculino viuse relegado á segunda división tras unha mala tempada e mesmo incorrer nunha aliñación indebida nun partido que rematara con vitoria.

Nesta tempada 2016/2017 o equipo volveu á primeira división logo dunha gran tempada na que so foi derrotado en dúas ocasións.

Dende 2013 conta ademais cun grupo de nenos e nenas de distintos colexios do Grove que todas as semanas se forman na práctica deste deporte.

Clasificación feminina

2013/2014 3ª Liga Galega de Fútbol Gaélico 15px

4ª Copa Galega de Fútbol Gaélico

2014/2015 4ª Liga Galega de Fútbol Gaélico

3ª Copa Galega de Fútbol Gaélico 15px (combinado con Auriense FG)

6ª Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

2015/2016 6ª Liga Galega de Fútbol Gaélico

2016/2017 8ª Liga Galega de Fútbol Gaélico

Clasificación masculina 2013 4º Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7

8º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

2013/2014 4º Liga Galega de Fútbol Gaélico

3º Copa Galega de Fútbol Gaélico 15px

2014/2015 4º Liga Galega de Fútbol Gaélico

9º Copa Galega de Fútbol Gaélico

10º Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

2015/2016 5ª Liga Galega de Fútbol Gaélico

2016/2017 1ª Liga Galega de Fútbol Gaélico de Segunda División 15px

Títulos 1 Liga Galega de Fútbol Gaélico de Segunda División

Uniforme Uniforme titular: Camisola metade azul mariño e metade azul mar. Pantalón azul mariño. Medias azul mariño. Uniforme alternativo: Camisola metade branca e metade azul mar. Pantalón branco. Medias azul mar.

Xogadores/as Cadro Feminino 2013/14 Datos do 1 de xaneiro de 2017.

Cadro Masculino 2013/14 Datos do 1 de xaneiro de 2017.

12px|Capitán Capitán

Corpo técnico CargoTécnicoAdestradoresRubén Pérez Prieto "Rubio" (masculino), Francisco González Costa (feminino)Adestrador asistenteAnxo López ValeAdestrador de porteirosAnxo López ValePreparador físicoRicardo Garrido CanedaDelegadoÁlvaro Ramos Caneda

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club Páxina do club en Facebook Páxina do club en Twitter Asociación Galega de Fútbol Gaélico

Categoría:Deporte no Grove Categoría:Equipos de fútbol gaélico de Galicia