La Vanguardia foi un periódico publicado na Estrada entre 1931 e 1933.
Características Subtitulado Semanario de izquierdas, apareceu o 24 de novembro de 1931. En El Emigrado afirman que veu substituír a Estrada Republicana.El Emigrado, 30-11-1931, p. 3. Estaba dirixido por Rafael Varela Pazo e José María Sánchez Brea. Foi órgano do Partido Republicano Radical Socialista. En 1932 cambiou o subtítulo por Órgano defensor del Pueblo Honrado y Trabajador e converteuse en quincenal, publicándose os días 7 e 24 de cada mes. Cesou a súa edición a finais de 1933.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Exemplares Asociación Cultural "Vagalumes".
Categoría:Prensa escrita da Estrada Categoría:1931 en Galicia