Eduardo Aunós Pérez, nado en Lleida o 8 de setembro de 1894 e finado en Lausana o 25 de setembro de 1967, foi un político catalán.
Traxectoria Descendente de políticos de orixe aranesa, estudou dereito en Madrid e militou na Lliga Regionalista, pola que foi elixido deputado a Cortes en 1916 e foi secretario de Francesc Cambó no Ministerio de Fomento.
Durante a ditadura de Primo de Rivera foi ministro de traballo, comercio e industria (1927-1930). Admirador do réxime fascista italiano, tentou imitar o seu sistema corporativo coa creación dun Código de Traballo (1926) e a Organización Corporativa Nacional (1928). Tras a caída de Primo de Rivera tentou formar un Partido Laborista a semellanza do Partido Fascista italiano que careceu de apoios.
Logo da proclamación da República marchou ao exilio a París, colaborou na revista Acción Española e entrou en Renovación Española. En 1937 ingresou en Falange Española de las JONS como xefe do partido en Francia e tras a unificación foi membro da Xunta Política da FET y de las JONS.
Embaixador en Bélxica (1939-1940) e a Arxentina (1942-1943), foi ministro de xustiza entre 1943 e 1945.
Obras 1928: Problemas de España. 1929: Estudios de Derecho Corporativo. 1941: Itinerario de la España Contemporánea. 1948: Biografía de Venecia. 1952: Los viñadores de la última hora. 1955: Guía de París para españoles.
Categoría:Ministros do franquismo Categoría:Embaixadores de España na Arxentina Categoría:Embaixadores de España en Bélxica Categoría:Nados en Lleida Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Políticos da Lliga Categoría:Falanxistas Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas