miniatura|Home levando un chaleco salvavidas.
Un chaleco salvavidas é o obxecto deseñado para manter o corpo dunha persoa na superficie e a súa cabeza por encima da auga, xa sexa consciente ou inconsciente, principalmente usado en piscinas, ríos, lagos e océanos. O seu deseño cambia segundo o grao de protección requirido e do tamaño da superficie que se protexa. Está deseñado para que dea a volta a unha persoa inconsciente que estea boca abaixo na auga.
A súa flotabilidade pode ser permanente (grazas ao recheo de cortiza ou materiais plásticos) ou poden ser inchábeis. Os máis usados e fiables son os primeiros, pero os inchábeis ofrecen a vantaxe, dada a súa maior comodidade, de poder levalos postos e facer traballos a bordo. Este feito é especialmente importante cando hai un gran risco de caer á auga, como pode ser en barcos de pesca.
Os chalecos salvavidas inchábeis constan de dous compartimentos independentes que se poden inflar de tres formas: automaticamente cando se mergulla dentro da auga, activando o sistema manualmente e insuflando aire mediante uns tubos. Nos dous primeiros casos entra un gas que provén dunhas botellas presurizadas.
Véxase tamén
Outros artigos Salvavidas
Ligazóns externas Normativa SOLAS (Safety Of Life At Sea, -"Seguridade da vida no mar"-) sobre o chaleco salvavidas.
Categoría:Pesca Categoría:Navegación Categoría:Seguridade