miniatura|150px|Raíces tuberosas dunha dalia (Dahlia). Unha raíz tuberosa é un tipo de órgano subterráneo de acumulación de nutrientes tal como os rizomas, cormos, bulbos e tubérculos. A diferenza esencial con todos eles é que estes son talos modificados, mentres que a raíz tuberosa, como o seu nome indica, é unha raíz engrosada axeitada á función de almacenamento de reservas. As raíces tuberosas fórmanse como un acio dende a coroa ou baseamento da planta dende onde xorden os talos. Durante a estación de crecemento, estas raíces especialízanse na reserva de nutrientes que a planta produce nas follas.

Os exemplos típicos de plantas con raíces tuberosas son a pataca doce (Ipomoea batatas) e maila dalia (Dahlia), aínda que outras especies como Eremurus, Clivia, Alstroemeria e Ranunculus tamén as presentan.

Véxase tamén Bibliografía

Gola, G., Negri, G. y Cappeletti, C. (1965). Tratado de Botánica. 2da. edición. Editorial Labor S.A., Barcelona, 1110 p. Strassburger, E. 1994. Tratado de Botánica. 8va. edición. Omega, Barcelona, 1088 p. ISBN 84-7102-990-1

Outros artigos Cormo Bulbo Tubérculo

Categoría:Órganos de almacenamento vexetais Categoría:Termos botánicos