O 18 de maio é o 138º día do ano do calendario gregoriano e o 139º nos anos bisestos. Quedan (227) días para finalizar o ano.
Acontecementos 37 - O Senado Romano cesa o mandato de Tiberio e proclama a Calígula emperador. 1766 - A Revolta Americana: O Parlamento Británico anula a Lei do Selo, que foi moi impopular nas colonias británicas. 1900 - Fúndase o AFC Ajax. 1916 - Nunha xuntanza nos locais da Real Academia Galega da Coruña, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao —entre outros— acordan a creación das Irmandades da Fala para a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia. 1965 - Alexei Leonov, cosmonauta ruso, convértese na primeira persoa en camiñar polo espazo. 1970 - Fúndase no Castro de Samoedo, Sada, o Museo Maside de Arte Contemporánea. 1995 - Voda da Infanta Elena de Borbón con Jaime de Marichalar. 1999 - Erich Karkoschka descobre a lúa do planeta Urano, Perdita, a cal foi recuperada de imaxes tomadas o 18 de xaneiro de 1986 pola sonda espacial Voyager 2, e sería confirmado este descubrimento con imaxes tomadas polo Telescopio Espacial Hubble no ano 2003.
Nacementos miniatura|100px|Bertrand Russell. 1048 - Omar Khayyam, matemático, astrónomo e poeta persa. 1742 - Félix de Azara, militar e naturalista español que describiu máis de 200 novas especies animais en Suramérica (m. 1821). 1852 - Gertrude Käsebier, fotógrafa estadounidense (m. 1934). 1868 - Nicolao II, tsar de Rusia. 1872 - Bertrand Russell, matemático británico, Premio Nobel de Literatura (m. 1970). 1876 - Hermann Müller, chanceler alemán (m. 1931). 1883 - Eurico Gaspar Dutra, presidente do Brasil (m. 1974). 1887 - Ernst Wiechert, mestre e escritor alemán (m. 1950). 1891 - Rudolf Carnap, filósofo alemán. 1893 - María Carmen Corredoira Ruiz, pintora galega (m. 1970). 1895 - Augusto César Sandino, revolucionario nicaraguano (m. 1934). 1897 - Frank Capra, director de cine estadounidense de orixe italiana (m. 1991). 1901 - Vincent du Vigneaud, químico estadounidense, Premio Nobel (m. 1978). 1913 - Neelam Sanjiva Reddy, presidente indiano (m. 1996). 1920 - Karol Józef Wojtyła, futuro papa Xoán Paulo II (m. 2005). 1923 - Hugh Shearer, primeiro ministro de Xamaica (m. 2004). 1931 - Fernando Pereira Caamaño, político galego (m. 2000). 1938 - Xosé Antonio Silva do Porto, xornalista e escritor galego (m. 1997). 1939 - Peter Andreas Grünberg, físico alemán, Premio Nobel de Física. 1941 - Francisco Pillado Maior, escritor e crítico teatral galego. 1944 - W. G. Sebald, escritor alemán. 1944 - Albert Hammond, cantante e compositor británico. 1946 - Andreas Katsulas, actor estadounidense. 1946 - Maria do Carme Ríos Panisse, filóloga galega. 1949 - Rick Wakeman, compositor inglés. 1962 - Antonio Taboada Ferradás (Wily), escultor galego. 1970 - Billy Howerdel, músico estadounidense.
Mortes miniatura|100px|Gustav Mahler. 1525 - Pietro Pomponazzi, filósofo italiano (n. 1462]). 1799 - Pierre-Augustin de Beaumarchais, dramaturgo francés (n. 1732). 1897 - Esteban Quet Puigvert, profesor universitario e político catalán, residente en Galicia (n. 1811). 1911 - Gustav Mahler, compositor alemán (n. 1860). 1922 - Charles Louis Alphonse Laveran, médico francés, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1845). 1953 - Cecilio Bedia Caballería, militar galego (m. 1868). 1955 - Prudencio Landín Tobío, avogado e xornalista galego (n. 1877). 1965 - Saturnino Piñeiro Groba, agrarista a xornalista galego. 1968 - José María Mosqueira Manso, mariño, biólogo e historiador galego (n. 1886). 1975 - Jan Bronner, escultor neerlandés (n. 1881). 1975 - Aníbal Troilo, bandoneonista e compositor arxentino. 1982 - Arturo Taracido Veira, político galego (n. 1887). 1992 - Manuel Cuña Novás, escritor e político galego. 2007 - Pierre-Gilles de Gennes, físico francés (n. 1932). 2010 - Edoardo Sanguineti, poeta, crítico literario e profesor italiano (n. 1930).
Festas e celebracións Ó redor do 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos (declarado pola ONU en 1977) .
Outros Santoral:
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Maio