Iván Fernández PradoJuventudcanaria.com, consultado o 8 de febreiro de 2013, máis coñecido como Iván Prado, nado en Lugo en 1974, é un pallaso, actor, director teatral galego e dinamizador de obradoiros de clown.
Traxectoria Como pallaso formouse con outros homes especialistas nesta disciplina: Carlo Colombaioni, Leo Bassi, Philippe Gaulier ou Jango Edwards, entre outros.
Foi director de espectáculos e eventos como Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia), Magiclown ou Terractiva (Feira Ecolóxica de Arzúa), que organiza Culturactiva S. Coop. Galega, membro da compañía teatral Os Sete Magníficos máis Un e director na empresa de distribución cultural Culturactiva S. Coop. Galega, segundo o seu Linkedin.Culturactiva , consultado o 8 de febreiro de 2013 Actualmente é a cabeza visible de Pallasos en Rebeldía. Ten promovido e participado en diferentes festivais, como o Festiclown Palestina 2011 La Voz de Galicia, 31 de agosto de 2011 ou o Festiclown Wirikuta (México) 2012 Jornada, 11 de xuño de 2012.
En 2010 foi retido e deportado no aeroporto israelí Ben Gurion Faro de Vigo, 24 de abril de 2010Haaretz , 6 de maio de 2010], unha práctica moi común nese país: no ano 2018 impediuse a entrada a 19.000 persoas nese aeroporto, e en 2024 a cifra superou as 20.000, con preto de 4.000 retidas no propio aeroporto, segundo datos da Hotline for Refugees and Migrants de Israel
Tamén en Palestina, no 2015, el e outros membros de Pallasos en Rebeldía levaron a cabo unha protesta espíndose diante do muro levantado por Israel en Cisxordania. Esta acción, que aseguraron facer para "rirse do muro" foi criticado por algunhas persoas palestinas que a calificaron de "ofensiva" e de "mal gusto". O grupo de pallasos tamén levou a cabo outras accións na zona, como concertos ou realización de murais e graffitis no campo de persoas refuxiadas de Belén. No 2021, artistas como Iris Serrano, Julieta XLF ou Gemma Capdevila participaron nunha campaña con Pallasos en Rebeldía para participar na "caravana de artistas" que participarían no Festiclown do ano seguinte. Hai tamén voces palestinas que critican accións coma esta, asegurando que "convirten as realidades da ocupación en recreacións turísticas". Jama Jomaa, o coordinador da Stop the Wall, insiste en non converter "o muro da vergoña" en "algo bonito ao que mirar" .
Nos últimos anos adicouse a realizar os obradoiros de clown de "Payaseando la existencia" con prezos que rondan os 100 euros por persoa . En 2024, un deses cursos foi protagonista dunha polémica en redes sociais, xa que se ofrecía un "curso gratuíto de clown para voluntarios de atención psicolóxica da DANA" en Valencia , a pesar de non ter Iván Prado formación en psicoloxía nin estar colexiado, como se pode ver no seu perfil de Linkedin.
Tamén escribiu libros sobre mulleres, como "Palestina tiene nombre de mujer" e "Mujerario".
Notas
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1974 Categoría:Personalidades do teatro de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes