O Día Internacional para a Tolerancia é unha celebración instituída pola Organización das Nacións Unidas (ONU) en 1996 que se celebra o 16 de novembro de cada ano.
Historia En 1995, por iniciativa da UNESCO (axencia da ONU), celebrouse o Ano das Nacións Unidas para a Tolerancia. Un ano despois, o 12 de decembro de 1996, a Asemblea Xeral da ONU convidou os Estados membros a instituír esta efeméride e a realizar actos a favor da tolerancia, conforme recolle a resolución 51/95 das Nacións Unidas Resolución 51/95 na web da ONU, consultado o 8 de febreiro de 2012.
Notas
Categoría:Días internacionais da Organización das Nacións Unidas Categoría:Novembro