Roman Weidenfeller, nado o 6 de agosto de 1980 en Diez, é un exfutbolista alemán. Xogaba na posición de gardameta.

Traxectoria Primeiros anos Nos seus anos en categorías inferiores, xogou para o Sportfreunde Eisbachtal. Weidenfeller fixo o seu debut coma profesional en 1997, tras as súas actuacións no Campionato do Mundo da FIFA sub-17 de 1997.

Kaiserslautern En 1998, Weidenfeller fichou polas categorías inferiores do 1. FC Kaiserslautern, onde xogou 40 partidos en dúas tempadas. Despois foi ascendido ó primeiro equipo pero tan só xogou en seis partidos en dúas tempadas.

Borussia Dortmund Weidenfeller foise gratis ó Borussia Dortmund no ano 2002 coma futuro substituto de Jens Lehmann, quen se foi ó Arsenal en 2003. Fixo o seu debut co Dortmund o 17 de decembro de 2003 contra o seu antigo equipo, o Kaiserslautern, na derrota do Borussia por 1-0.

Palmarés Club Borussia Dortmund Bundesliga: 2 2010–11, 2011–12

Copa de Alemaña 1: 2011–12

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en Soccerbase.com

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Renania-Palatinado Categoría:Futbolistas de Alemaña Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Kaiserslautern Categoría:Xogadores do Borussia Dortmund Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Alemaña Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial