Michael Allan Patton, nado en Eureka (California) o 27 de xaneiro de 1968, é un vocalista, compositor, multi-instrumentista, produtor e actor estadounidense, coñecido por ser o cantante da banda de metal alternativo Faith No More.Zorn, John, ed. (2000). Arcana: Musicians on Music. Nova York: Granary Books/Hips Road. ISBN 1-887123-27-X Tamén foi fundador e vocalista de Mr. Bungle, e tocou con Tomahawk, Fantômas, Dead Cross, Lovage, The Dillinger Escape Plan e Peeping Tom.

Coñecido polas súas eclécticas influencias e proxectos experimentais, Patton gañouse a aclamación da crítica pola súa diversa colección de técnicas vocais. VVN Music descubriu que Patton posúe o rango vocal máis amplo de calquera cantante coñecido da música popular, cunha amplitude de seis oitavas. Ademais foi produtor ou co-produtor de artistas como John Zorn, Sepultura, Melvins, Melt-Banana e Kool Keith. En 1999 cofundou o selo Ipecac Recordings xunto con Greg Werckman, e dende entón encárgase de dirixilo. O vasto número de proxectos musicais de Patton e as súas xiras constantes levaron a que fose amplamente identificado como un "adicto ao traballo".

Premios Patton foi recoñecido con 3 nomeamentos aos premio Grammy, dentro da categoría a mellor interpretación de Metal ou Hard Rock (1990, 1991, 1993): Coa súa banda Faith No More.

No ano 1990 recolleu o Disco de Platino nos Estados Unidos. O álbum The Real Thing de Faith No More foi certificado Platino pola RIAA (Recording Industry Association of America) superando o millón de copias vendidas.

Máis tarde aceptaría o premio a "Mellor Vocalista" nos Loudwire Music Awards (2015): O xurado fallaría o premio que recoñeceu a súa longa e innovadora carreira musical.

Ligazóns externas "Corpse Flower" en youtube, canción composta por Patton no 2019 e publicada ese mesmo ano por Ipecac Recordings

Notas

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de California Categoría:Multiinstrumentistas Categoría:Nados no condado de Humboldt, California Categoría:Nados en 1968