A microeconomía (do prefixo grego mikro-, que significa "pequeno" e economía) é unha rama da economía que estuda o comportamento das familias e as empresas na toma de decisións sobre a asignación de recursos limitados. Normalmente, aplícase aos mercados de bens e servizos que se mercan e se venden. A microeconomía examina como estas decisións e comportamentos afectan á oferta e demanda de bens e servizos, que determinan os prezos, e como os prezos, á súa vez, determinan a cantidade ofrecida e a cantidade demandada de bens e servizos.
Isto contrasta coa macroeconomía, que implica "a suma total da actividade económica, tratando cuestións de crecemento, inflación, e desemprego." A microeconomía tamén se ocupa dos efectos das políticas económicas (como os cambios dos impostos) nos aspectos económicos nomeados anteriormente.
miniatura|Mercado de froita en Zanzibar.|centro Notas
Véxase tamén Outros artigos Economía Macroeconomía
Ligazóns externas Introdución á microeconomía (véxase o artigo da Wikipedia inglesa) por R. Preston McAfee – Instituto tecnolóxico de California Amosweb.com homepage – dicionario económico en liña X-Lab: A Collaborative Micro-Economics and Social Sciences Research Laboratory Micro Economics – o papel que xoga a microeconomía no apoio ao tecido social da macroeconomía
Simulacións microeconómicas http://media.lanecc.edu/users/martinezp/201/MicroHistory.html - unha breve historia da microeconomía
Categoría:Teoría económica