Friedrich Wilhelm Joseph von Schelling, nado en Leonberg (Wurtemberg) o 27 de xaneiro de 1775 e finado en Bad Ragaz (Suíza) o 20 de agosto de 1854, foi un filósofo alemán, un dos máximos expoñentes do idealismo e da tendencia romántica na filosofía alemá.
Traxectoria Inicios e formación No ano 1777 no mosteiro de Bebenhausen é onde inicia Schelling os seus primeiros estudos que logra sacar brillantemente cunha anticipación de dous anos con respecto aos demais compañeiros. Aproximadamente aos oito anos comeza a aprender letras clásicas e a súa gran capacidade intelectual causa impacto nos mestres. En 1790 con só dezaseis anos ingresa no famoso Seminario de Tubinga. Neste seminario, tiña unha política de carácter conservador e feudal no que había un ambiente marcado pola tradición teosófica-mística que tiñas as súas bases no Renacemento. Aínda que neste centro de estudos intentaban manter un control das tendencias e ideas políticas dos mozos, estes facían lecturas a escondidas de autores que por aquela época non estaban permitidos.
Schelling estudou filosofía e teoloxía no seminario de Tubinga. Alí coñeceu a Hegel e Hölderlin e coma eles, tamén recibiu a influencia da filosofía kantiana e do pensamento de Fichte. A partir diso, foi deixando a teoloxía e centrouse máis na filosofía. Antes dos vinte anos, dise que Schelling xa tiña o seu propio sistema filosófico.
No ano 1792 graduouse coa tese sobre a orixe do mal humano, onde trata de encontrar unha explicación do mal e no ano 1793 realizou un traballo sobre os mitos, buscando a súa esencia e función dentro das culturas primitivas.
Primeiros escritos En 1792 graduouse cunha tese escrita en latín sobre a orixe do mal humano titulada Antiquissimi de prima malorum humanorum origine philosophematis Genes. III. explicandi tentamen criticum et philosophicum (Un intento de explicación crítica e filosófica dos máis antigos filosofemas do Xénese) onde trata de encontrar unha explicación histórica do mal dicindo que a humanidade antes era feliz pero despois dunha caída viuse sumida nunha infelicidade. Neste escrito xa se poden distinguir algunhas ideas sobre o futuro movemento romántico.
No ano 1793 escribiu un segundo traballo Sobre mitos, lendas históricas e filosofemas do mundo máis antigo sobre os mitos onde intenta buscar a súa esencia e función dentro da cultura primitiva.
Máis tarde, unha breve estancia en Dresde e Leipzig introdúceo no círculo do primeiro romanticismo e experimenta un sentimento romántico cara a natureza. Este mesmo ano, toma a decisión de deixar o seminario ao igual que Hegel e Hölderlin. No ano 1795 publica Vom Ich als Princip der Philosophie oder über das Unbedingte im menschlichen Wissen (Do Eu como principio da filosofía ou sobre o incondicionado no saber humano) onde aborda a busca dun primeiro principio incondicionado do saber humano que atopará no "Eu absoluto". En 1795 tamén publicou Cartas filosóficas sobre dogmatismo e criticismo.
Etapas da súa filosofía A primeira etapa corresponde coa súa etapa de xuventude influída por Fitche, aproximadamente polo ano 1795, neste ano publicou a obra Vom Ich als Princip der Philosophie oder über das Unbedingte im menschlichen Wissen. Esta obra apareceu cando Shelling contaba con apenas 20 anos de idade e é a terceira obra publicada por este filósofo. Neste escrito, mostra a preocupación herdada dos postkantianos Schulze, Maimon e Reinhold por facer realidade o soño de Kant de transformar a filosofía en ciencia, e desenvolve a pretensión de Fichte de reducir todo o sistema kantiano a unha única posición Eu=Eu. A tese central deste escrito sostén que o principio de toda filosofía é o Eu absoluto. Schelling concibe o Eu absoluto como liberdade, como pura actividade creadora. Seguramente este escrito foi o máis relevante desta fase inicial da súa produción filosófica.
A segunda etapa viría despois do ano 1796 onde mostra o seu interese pola filosofía da natureza. Foi nesta etapa na que se trasladou á Universidade de Leipzig. No ano 1800 ven o período no que expón a súa filosofía transcendental e a obra máis relevante é o System des transcendentalen Idealismus (Sistema do idealismo transcendental). Esta obra céntrase no que Schelling considera a “verdadeira” filosofía de Fitche: a construción completa do eu, da subxectividade, da autoconciencia. Neste intre, ambos filósofos comprenden que están pensando de forma totalmente diferente. Esta foi a obra máis importante e lograda, tanto na forma como no contido. Posteriormente a esta etapa veu a fase chamada de identidade, que chegou ata 1809 cuxo texto máis importante foi Philosophische Untersuchungen über das Wesen der menschlichen Freiheit (Investigacións filosóficas sobre a esencia da liberdade humana e os obxectos con ela relacionados).
Finalmente, podemos dicir que hai dúas fases máis, a primeira sería nos anos onde se redactan as diversas versións de Die Weltalter (As idades do mundo). Esta obra constitúe a fase máis escura da filosofía de Schelling. A partir do ano 1809 os camiños de Schelling apartáronse da cómoda filosofía de la identidade e centráronse no camiño da relixión e da mitoloxía. O que o autor intenta explicar na obra e como xorde o tempo na eternidade. A segunda etapa estaría dominada pola distinción entre filosofía positiva e negativa.
Véxase tamén Ligazóns externas Sociedad Internacional Schelling Comisión para a edición das obras de Schelling Las Stuttgarter Privatvorlesungen de Schelling: Dios, libertad y potencias, de Roberto Augusto. La evolución intelectual del último Schelling: filosofía positiva y filosofía negativa, de Roberto Augusto. La crítica de Schelling a la filosofía de Spinoza, de Roberto Augusto. La polémica epistolar entre Schelling y Eschenmayer, de Roberto Augusto. El neoplatonismo de Schelling, de Werner Beierwaltes. La filosofía del arte de Schelling , de Cinta Canterla. La polémica de Schelling contra la «naturalidad» de la metafísica antigua, de Juan Cruz Cruz. La estructuración de la filosofía positiva de Schelling, de Juan Cruz Cruz. La puesta en libertad de la filosofía. El concepto de la libertad y la libertad del concepto en Schelling , de Félix Duque. Islas en la laguna del sistema. La relación de Kant con Fichte y Schelling en el Opus Postumum, de Félix Duque. Schelling. La naturaleza — en Dios, o los problemas de un guion , de Félix Duque. Libertad y verdad. (Esbozo de la cuestión al hilo del pensamiento de Schelling), de Ignacio Falgueras. Individuación y mal. Una lectura de Schelling, de Pilar Fernández Beites. Schelling o Krause, de Manuel Fernández Lorenzo. Notas estéticas sobre Kant y Schelling, de Ilia Galán. Las agendas de Schelling, de Montserrat Galcerán Huguet. Schelling: Filosofía del arte y tragedia, de Crescenciano Grave. El principio de razón suficiente: Schelling versus Leibniz (I, II, III) , de Juan Carlos Jiménez García. Las Grietas de Schelling, Voluntad e Infundamento , por Patricio Lepe Carrión. De Húle a Materie: de Aristóteles a Schelling, de Arturo Leyte. Perspectivas sobre religión y filosofía en los inicios del idealismo alemán: Fichte y Schelling antes de 1974, de María José de Torres. Amplo desenvolvemento da súa primeira fase.
Categoría:Filósofos de Alemaña Categoría:Nados en Baden-Württemberg Categoría:Nados en 1775 Categoría:Nados en 1854