Johannes Gensfleish zur Laden zum Gutenberg, nado en Maguncia en c. 1398 e finado o 3 de febreiro de 1468, foi un ferreiro, ourive, impresor, e editor alemán que introduciu a impresión en Europa, sendo coñecido polas súas contribucións á tecnoloxía da impresión ao menos en tres dos seus procesos: nas matrices ou pranchas de impresión de tipos móbiles, na prensa e nas tintas para transferir os tipos ao pergamiño ou ao papel. O seu invento fixo posible a publicación de libros en grandes cantidades e foi un dos factores máis decisivos para a difusión das ideas do Renacemento en toda Europa.
Entre as contribucións específicas á imprenta que se atribúen a Gutenberg está o uso de tipos móbiles metálicos para a confección das formas de impresión, coa loxística que implica (cálculo das cantidades de tipos e de letras que se utilizarán, facilidade para fundilas no momento que se necesitan, uso de matrices e punzóns etc.), o uso da tinta a base de aceite e a utilización dunha prensa de madeira similar ao parafuso das prensas de viño da época. A súa invención verdadeiramente transcendental foi a combinación destes elementos nun sistema práctico.
Gutenberg podería estar familiarizado coa técnica da impresión xilográfica, con bloques de madeira e podería traballar no gravado de ferros de cobre para un artista coñecido como Mestre dos Naipes.
A utilización de tipos móbiles metálicos (no caso de Gutenberg, o chumbo) foi o elemento fundamental do novo proceso de impresión. Ata finais do século XX, pola edición dixital, foi a base do método de produción de libros en todo o mundo.
O sistema tecnolóxico de impresión de Gutenberg propagouse rapidamente por toda Europa e considérase un factor clave na evolución da cultura universal. Gutenberg segue sendo unha figura popular. En 1999, o A&E Network, unha poderosa cadea estadounidense de televisión por cable e satélite, clasificou a Gutenberg co número un na súa lista de "People of the Millennium" (Xente do milenio), e en 1997, a revista Times-Life escolleu o invento de Gutenberg como o máis importante do segundo milenio.
Traxectoria miniatura|Gutenberg nun gravado en cobre do século XVI Era o fillo máis novo do comerciante de clase alta Frele Gensfleisch zu Laden -quen adoptaría máis tarde o nome "zum Gutenberg", homónimo da veciñanza a onde a familia se trasladara-, e da súa segunda esposa Else Wyrich, que era filla dun tendeiro. Suponse que foi bautizado na zona próxima ao seu lugar de nacemento na Igrexa de St. Christoph zu Mainz en Maguncia. A maior parte da vida de Gutenberg na súa fase inicial é un misterio. O seu pai traballou no ámbito eclesiástico e Gutenberg creceu coñecendo o comercio da ourivaría. Segundo algúns informes, o seu pai Friel tiña entre os seus clientes ao arcebispo de Maguncia. Gutenberg foi xoieiro e, xa que logo, coñecedor da arte da construción de moldes e da fundición de ouro e prata, por iso logrou facer excelentes tipos, valiosos ata artisticamente como traballo de ourive.
O historiador Heinrich Wallau, vai apoiar isto o engadir que: "Nos séculos XIV e XV, os seus descendentes solicitaron un cargo hereditario como ... mestre da casa da moeda arcebispal. Sen dúbida nesta responsabilidade adquiriu considerables coñecementos e habilidades técnicas no traballo dos metais. Fornecía a casa da moeda co metal que necesitaba para cuñar, cambiou os diversos tipo de moeda, e tiña un asento nas sesións xurídicas para os casos de falsificación".
Wallau engade: "O seu apelido deriva da casa habitada polo seu pai e os seus antepasados paternos zu Laden, zu Gutenberg. A casa dos Gänsfleisch eran unha das familias patricias da cidade, remontándose a súa liñaxe ao século XIII." Os patricios en Maguncia a miúdo eran coñecidos polo nome da casa da súa propiedade.
miniatura|Gutenberg facéndolle unha proba a unha prensa En 1411, houbo un levantamento en Maguncia contra os patricios, e máis dun centenar de familias víronse obrigadas a marchar. Como resultado, crese que os Gutenberg se trasladaron a Eltville am Rhein (Vila Alta), onde a súa nai herdara un terreo. Probablemente estudou na Universidade de Erfurt, onde hai un rexistro dun estudante, en 1419, chamado Johannes de Altavila (Altavilla é a forma latina de Eltville am Rhein). Trala morte do seu pai en 1419, menciónano no procedemento de herdanza.
En Maguncia, como outras cidades renanas, empezaron unhas fortes revoltas sociais e políticas que enfrontaron ao partido dos gremialistas co partido dos patricios, ao que pertencía Gutenberg, motivo polo cal tivo que fuxir da súa cidade.Biografies i vida
En 1434, Gutenberg trasladouse a Estrasburgo onde tiña uns parentes da súa nai e onde permaneceu varios anos. Gutenberg residiu no suburbio de Saint-Arbogast, cerca do convento do mesmo nome, a beiras do río Ill.
Os arquivos da cidade confirman a súa presenza. Algúns destes documentos son recoñecemento de débedas, unha situación habitual na súa vida. Entre 1436-1437 o seu nome aparece mencionado nos tribunais en relación cun compromiso de matrimonio cunha muller de Estrasburgo, Emel zu der Yser Tür, aínda que se descoñece se o matrimonio tivo lugar.
O proceso de Estrasburgo miniatura|220px|dereita|Estatuas de Gutenberg, Fust e Schoeffer na praza Rossmarktplatz de Frankfurt (am Main)
Cara ao 1437, Gutenberg estaba asociado con tres ricos comerciantes, Hans Riff, Andreas Dritzehn e Andreas Heilmann, os que ensinaba ademais de exercer en actividades relacionadas co tallado de xemas e o puído de espellos para a súa venda aos peregrinos de Aachen, xa que se cría que capturaban a luz sagrada das reliquias relixiosas. Pero Gutenberg investía o seu tempo nun proxecto que levaba en segredo para protexerse contra eventuais imitadores.
Pois en 1439 a cidade planeaba exhibir unha colección de reliquias do emperador Carlomagno e a sociedade esperaba vender moitos espellos, pero o evento atrasouse un ano, debido a unha gran inundación, ocasionando perdas nos seus investidores polo que a débeda non puido ser pagada.
Tras este contratempo, os seus socios, que descubriran as actividades paralelas de Guteberg, insistiron en participar naquel misterioso asunto que o inventor levaba entre mans. Especulouse que este segredo puido ser a idea da impresión con tipos móbiles. A lenda di que a idea lle veu "como un raio de luz". Gutenberg, necesitado de diñeiro, accedeu e asinouse un contrato no que se estipulaba, entre outras cousas, que os tres incorporados deberían aboar a cantidade de 125 floríns. A morte súbita ese mesmo ano dun deles, Andreas Dritzehn, levou aos irmáns do falecido a esixir entrar na sociedade ou ben recibir unha compensación económica, aspecto que non estaba previsto nos termos do contrato, e Gutenberg negouse a tal pretensión. O caso foi levado en 1439 ante os tribunais, que fallaron en contra dos herdeiros.
O proceso de Estrasburgo fixo aflorar información sobre o proxecto, xa que as declaracións das testemuñas facían alusión á intensa actividade do taller, a adquisición de chumbo, dunha prensa, de moldes de fundición etc.
Polo menos ata 1444 viviu en Estrasburgo, moi probablemente na parroquia St. Arbogast, tal como o demostra a súa inscrición, ese mesmo ano, nunha lista de homes útiles para defender a cidade contra as tropas do conde de Armagnac. Foi en Estrasburgo en 1440 cando se di que Gutenberg perfeccionou e deu a coñecer o segredo de impresión baseado na súa investigación, misteriosamente titulado Kunst und Aventur (arte e empresa). Non está claro a que tipo de traballo se dedicaba en Estrasburgo, ou se é que fixo alí algunhas das primeiras probas coa impresión de caracteres tipográficos móbiles. Logo disto, hai unha lagoa de catro anos na súa biografía. En 1448, el estaba en Maguncia, onde pediu un préstamo ao seu cuñado Arnold Gelthus, moi posiblemente para unha prensa de impresión ou algo relacionado con ela.
A creación da imprenta
miniatura|220px|dereita|Biblia de Gutenberg. O taller de Gutenberg estableceuse en Hof Humbrecht, unha propiedade que pertencía a un parente afastado. O negocio montado chamábase Dás Werk der Bücher, e de feito, constituíu a primeira imprenta tipográfica moderna.
No ano 1450, a prensa estaba en funcionamento, sendo posiblemente un poema alemán o primeiro artigo en ser imprimido alí. Pola contra o Misal de Constanza, un libro impreso en 1449 ou 1450 por Gutenberg, é considerado por varias fontes como o primeiro en ser impreso nunha imprenta de tipos móbiles en Europa, xa que logo crese que o primeiro libro feito con caracteres móbiles foi o “Sutra do diamante” atopado na China e datado no ano 868 d.C..
Gutenberg foi quen de convencer ao comerciante Johannes Fust, con quen formou sociedade, para que lle concedese un préstamo de 800 floríns. O calígrafo Peter Schoeffer, formado en París, quen era xenro de Fust, tamén se uniu á empresa. Schöffer traballaba como escribán en París e crese que deseñou algúns dos primeiros tipos de letra. De feito, o invento foi unha tarefa conxunta na que Fust foi o elemento capitalista, e Gutenberg e Schoeffer (o cal posteriormente tivo unha fecunda carreira como impresor e usou tipos diferentes) achegaron a idea e o seu desenvolvemento.
Non está claro cando se concibiu o proxecto da Biblia de Gutenberg, pero para iso Fust emprestoulle outros 800 floríns, e o traballo iniciouse en 1452. Ao mesmo tempo, a prensa tamén estaba imprimindo outros textos, máis lucrativos (gramáticas posiblemente en latín). Tamén hai certa especulación de que puido haber dúas prensas, unha para os textos prosaicos e outra para a Biblia. Unha das empresas con ánimo de lucro da nova prensa foi a impresión de miles de indulxencias da Igrexa, documentadas en 1454-55. En 1455 Gutenberg completou a súa Biblia de 42 liñas, estímase que logrou imprimir, iluminar e encadernar 180 Biblias de 1.282 páxinas cada unha, a dúas columnas de 42 liñas. Hoxe en día (en 2003) existen 60 Biblias de Gutenberg, 12 en pergamiño e 48 en papel. Alemaña posúe polo menos 15 Biblias de Gutenberg, na súa maioría nas bibliotecas de institucións universitarias.
Logo da impresión da Biblia de 1452, a sociedade desfíxose e Schoeffer e Fust levaron a Gutenberg a un preito: os dous quedaron cos materiais de impresión e continuaron imprimindo outras obras .
Demanda xudicial Gutenberg arruinouse e, outra vez acosado polos acredores e levado aos tribunais, tivo que refuxiarse na comunidade de relixiosos da fundación de San Víctor. Uns anos máis tarde, Konrad Humery, un funcionario do concello de Maguncia, proporcionoulle material para montar un pequeno taller tipográfico de forma desinteresada. A súa actividade posterior foi moi escasa con produción de obras menores, como a tradución ao alemán dunha bula papal contra os turcos e un calendario médico en latín. Tamén participou na impresión dunha Biblia na cidade de Bamberg ao redor de 1459, na que, polo menos, proporcionou os tipos móbiles.
Pero nunca os seus libros levaron o seu nome ou unha data, polo que é difícil estar seguro da autoría das súas obras. Tamén se cre que realizou o gran dicionario Catholicon, uns 300 exemplares de 744 páxinas impresas en Maguncia o 1460.
Desde 1462, Gutenberg contou co mecenado da arcebispo elector de Maguncia, Adolf II de Nassau. En xaneiro de 1465 o mesmo arcebispo recoñeceu os seus méritos e deulle o título de Hofmann (membro da corte real), eximiuno de pagar impostos e concedeulle unha pensión anual de 2.180 litros de gran, un vestido anual e 2.000 litros de viño. Xa nos últimos anos da súa vida, trasladouse a Eltville onde participou na creación e supervisou unha nova imprenta dos irmáns Bechtermünze.
Segundo un escrito dun cóengo da fundación de San Víctor onde vivía, morreu o 3 de febreiro de 1468 e foi enterrado na igrexa dos monxes franciscanos en Maguncia. Esta igrexa foi destruída nun bombardeo de 1793 e na súa localización actual está a rúa "Peter Schöffer".
Precedentes