Os números tres e nove son especialmente significantes na mitoloxía nórdica e no paganismo nórdico. Ámbolos dous números (así como os seus múltiplos) aparecen en numerosas fontes do paganismo nórdico na práctica do seu culto.Simek (2007:232-233).
Mentres que o número tres é moi significante en numerosas culturas, na mitoloxía nórdica ten especial relevancia o número nove. Xunto co número vinte sete, os dous números tamén figuran no calendario xermánico.
Números Tres Artefactos, personaxes, feitos e deidades relacionados co número tres: Tres son os deuses Odín, Thor e Frey que aparecen como unha unidade trinitaria, sobre todo durante a Era viquinga. As tres deidades aparecen en testemuños arqueolóxicos como a pedra rúnica G 181 de Gotland.Encyclopedia of Religion and Ethics, Art and Architecture (Tuetonic), ISBN 1-4212-9732-9 Tres estatuas de Odín, Thor e Frey compartían espazo no Templo de Uppsala.Orchard, Andy (1997). Dictionary of Norse Myth and Legend. Cassell. ISBN 0-304-34520-2 p. 169 Tres son as razas de jotuns: xigantes da montaña, xigantes de xeo e xigantes de lume. Tres son os primeiros seres do universo: a vaca Auðumbla, Ymir o primeiro xigante, e Buri o primeiro deus e avó de Odín. Durante tres días Auðumbla lambeu o xeo de Ginnungagap ata que Búri foi ceibado. Tres descendentes directos tivo Ymir: un varón e unha muller que naceron baixo os seus brazos e un varón de seis cabezas que naceu da unión dos seus pés. Tres son as xeracións de jotuns antes da destrución da súa raza tralo diluvio universal polo vertido do sangue de Ymir, tralo cal o seu neto Bergelmir converteuse en proxenitor dunha nova liñaxe. O corazón do xigante Hrungnir era triangular e feito de rocha. Tres son as Norns: Urðr ("o que ocorreu"), Verðandi ("o que ocorre agora") e Skuld ("o que debería suceder, ou é preciso que ocorra"). Bor tivo tres fillos, Odín, Vili e Ve (ou Lóðurr e Hoenir segundo Völuspá); os tres crearon o mundo e deron vida ós primeiros seres humanos. Odín é a deidade suprema que goberna a terceira xeración de deuses, fillo de Bor e neto de Búri. Tres raíces ten Yggdrasil, e tres é a raíz cadrada do número de mundos (nove) que están unidos á árbore. Baixo as tres raíces están tres lugares sagrados, un en cada extremo: o pozo de Urd, o manancial de Mimir emprazado "entre os xigantes do xeo", e Hvergelmir en Niflheim. Odin soportou tres duras probas na súa busca das runas: aforcouse, feriuse cunha lanza e pasou fame e sede. Tres son os tronos que aparecen no fogar dos deuses, segundo Gylfaginning da Edda prosaica, o rei Gylfi conversa coas figuras que alí se sentan Hár, Jafnhár e Þriði. Tres son os descendentes malignos de Loki da súa unión coa jotun Angrboda: o lobo Fenrir, a serpe Jörmungandr e Hel. Tres invernos recios precederán o Ragnarök, sen veráns por medio, é o Fimbulvetr. Tres son os acontecementos previos ó Ragnarök: o nacemento dos tres descendentes de Loki, a morte de Balder (e o consecuente castigo a Loki), e Fimbulvetr. Tres son as sogas máxicas que ataron ó lobo Fenrir: Loeding, Drómi e Gleipnir, das cales só a derradeira logrou mantelo suxeito. Tres ataduras teñen suxeito a Loki, feitas coas entrañas dun dos seus fillos, Narfi, que pasan polos buratos de tres lousas verticais, o primeiro sobre os ombreiros, o segundo sobre o lombo e o terceiro baixo os pés. Tres veces ouvea Garm en Gnipahellir segundo o poema Völuspá (Edda poética, ou se cita tres veces no poema (non se aclara). Tres veces os deuses queiman a Gullveig, e tres veces resucita segundo Völuspá. Tres galos cantan coa chegada do Ragnarök, encabezando o conflito final: Gullinkambi polos deuses, Fjalar polos xigantes e un terceiro sen nome polos mortos. Tres cores ten o arco da vella Bifröst, que ten tres nomes (os outros dous son, Ásbrú e Bilröst). Tres poderes ten Heimdal como gardián do Bifröst: dorme menos que un paxaro, pode ver a cen leguas e pode escoitar medrar a herba. Odín ten tres posesións: A súa lanza Gungnir, o seu anel dourado Draupnir e o seu cabalo Sleipnir. Tres armas ten Thor: o seu martelo Mjolnir, o seu cinto de forza Megingjörð e as luvas de aceiro para manipular o martelo. Tres posesións máxicas ten Frey, o barco Skidbladnir, o seu xabarín Gullinbursti e unha espada coa habilidade de loitar por si mesma que lle regalou Skirnir en troques de cortexar a Gerd. Tres posesións ten Freia, o colar Brisingamen, unha capa que lle permite converterse nun falcón e un carro arrastrado por un par de gatos. Tres apócemas poderosas bebe Thor dun corno na fortaleza de Útgarda-Loki por unha poxa, pero abandonou cando se viu incapaz de baleirar o contido, e tres eran as poxas (que perdeu), as outras dúas eran erguer un gato por unha das patas deixando as outras tres no chan e gañar na loita a unha anciá. Logo decatouse de que o corno contiña todo a auga do mar, o gato era Jörmungandr e a anciá, a personificación da vellez a quen ninguén pode derrotar. Tres golpes de Mjolnir deu Thor ó xigante Skrýmir, que roncaba demais e non deixaba durmir ó deus, pero fallou cada golpe por seiðr. O xigante Hrimthurs, o construtor dos muros de Asgard, prometeu finalizar a súa obra en tres estaciones en troques de tres premios: o Sol, a Lúa e a deusa Freia en matrimonio. Tres días pasou Odín na morada da xiganta Gunnlod para conseguir hidromel da poesía. Tras pasar as tres xornadas, permitiulle beber tres veces, unha de cada vasilla. Os ananos fillos de Ivaldi deron forma tres artefactos marabillosos: Skíðblaðnir o barco de Frey, a lanza Gungnir de Odín e o cabelo dourado de Sif. Os ananos Eitri ye Brokk crearon tres posesións dos deuses: Gullinbursti o xabarín de Frey, Draupnir o anel de Odín e Mjolnir, o martelo de Thor. A deusa Frigg tiña tres serventas Fulla, Gná e Hlín.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Numeroloxía Pedra de Rök Mitoloxía nórdica
Categoría:Mitoloxía nórdica Categoría:Numeroloxía