Afonso VI, nado contra 1040,Aínda que algúns historiadores din que naceu en 1040, un texto contemporáneo dun cronista anónimo de Sahagún, que coñeceu ao monarca e estivo presente no seu leito de morte, morreu á idade de 62 despois de reinar durante 44 anos, o que indica que nacieu en 1047. e finado entre o 29 de xuño e o 1 de xullo de 1109, foi un nobre do Reino de León.
Era fillo de Fernando I de Castela, o Magno, (1035-1065) e de Sancha I de Galicia, e foi rei de León desde o 27 de decembro de 1065, e de Galicia e de Castela a partir do 6 de outubro de 1072."Rege domno Adefonso, qui regebat Castella et Legione et tota Gallecia",
Así, a partir de 1072 intitulouse rex Adefonsus in Castella et in Legione et in Gallecia (rei Afonso en Castela, en León e en Galicia) ou simplemente en tota Gallecie (toda Galicia). Despois da conquista de Toledo en 1085 autoproclamouse Victoriosissimo rege in Toleto, et in Hispania et Gallecia (Vitoriosísmo rei en Toledo, e en Hispania e Galicia).Heráldica general y fuentes de las armas de España. O papa Urbano II, personaxe perfectamente informado, dirixíuselle nunha carta de 1088 como Regi Ildefonso Gallitia e, na primeira metade do século XII, as crónicas anglo-normandas de Guillerme de Malmesbury titulárono Gallicae Regie mentres a Historia Ecclesiástica de Orderico Vital denominouno rex Galliciae e Ibn 'Iḏārī refírese a el como rei de Yillíqiya. Carballeira Debasa, A. M. (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. Consejo Superior de Investigaciones Científicas (España). Páx. 177
Os historiadores alcumárono como o Bravo.
División de Gallaecia miniatura|Folio 4v do Antifonario visigótico-mozárabe da catedral de León (c. séc. X), asinado por Afonso, seu irmán García e, quer seu irmán Sancho, quer súa nai Sancha (1062-1063). Como segundo fillo do rei Fernando I de León e Sancha I de Galicia, Afonso non ía herdar a totalidade do patrimonio paterno. Porén, en 1063, seu pai convocou á corte para anunciar a súa decisión de dividir o reino entre os seus fillos: a Afonso deixoulle León; Castela foi para o seu irmán Sancho, e Galicia para o seu outro irmán García. A cada un dos irmáns tamén lle asinou a unha esfera de influencia nos Estados de Taifas. Así mesmo deixou ás súas fillas as cidades de Toro (a Elvira) e de Zamora (a Urraca), tamén con título real, e unhas rendas adecuadas. Ao cederlles estes territorios, expresou o seu desexo de que os irmáns respectaran a súa decisión.
Os Reinos do norte da península miniatura|esquerda|260px|Situación política no norte da península Ibérica contra 1065:
Primeiros anos Á morte do seu pai en 1065, herdou del o Reino de León. Pouco despois de subir ao trono, quitou do poder do Reino de Galiza (1071) ao seu irmán García II, só cinco anos despois de coroarse. Herdara o reino mellor organizado, as súas irmáns e máis a súa nai vivían na Corte e tiña todo o apoio da nobreza leonesa. Pero no ano 1068 entrou en conflito con Sancho II, rei de Castela, e tras a Batalla de Golpejera foi feito prisioneiro e exiliado a Toledo.
Tras a morte do rei Sancho II, asasinado en Zamora, cando estaba cercando a cidade, volveu de Toledo cara a Zamora e León coas acusacións de instigar aquel asasinato. Pero Afonso non tiña rival algún no poder real, e necesitaba atar á nobreza castelá, polo que acudiu a Burgos, onde doce conxurados (entre eles o Cid Campeador) na Xura de Santa Gadea, lle fixeron xurar solemnemente que non participara no asasinato do seu irmán o rei Sancho II, o que lle valeu o desterro de Castela.
Á morte de Sancho IV de Navarra, Afonso tomou a iniciativa e entrou en Nájera, onde se fixo cargo, a través de diversas alianzas matrimoniais dos seus nobres, das posesións de Navarra, incorporando por primeira vez ós nobres vascos, navarros e rioxanos nas empresas de conquista e expandindo de forma considerábel o seu reino, obtendo a vasalaxe do rei Sancho Ramírez de Aragón, xa que este fora incorporando ao seu reino a parte mais ampla, poboada e rica do reino pamplonés.
Expansión territorial En agosto do 1076, Afonso toma Sepúlveda. Pouco despois, os casteláns atravesan o río Douro, e toman Medina del Campo, Olmedo, Íscar, Coca e Cuéllar, e a medida que ían avanzando, foi necesario asegurar a alianza co rei de Toledo, xa que os Reinos Taifas entraran nunha dinámica de inestabilidade. Foi nestas campañas, cando o Rei Afonso entra en confrontación con Rodrigo Díaz de Vivar, O Cid, quen no ano 1080, en resposta a un ataque a San Esteban de Gormaz, fixo unha entrada no reino taifa de Toledo. Afonso acusouno de guerrear sen o seu permiso e desterrouno. Rodrigo perdía con isto o seu poder político na Corte, mais conservou poder militar de primeira importancia dentro da estratexia xeral, xa que actuou na Taifa de Zaragoza e no Levante dun xeito moi favorábel ós intereses casteláns naquela rexión xeográfica. Tal foi así que, despois de se asegurar a lealdade dos nobres da Rioxa, Biscaia e Áraba, entrou nos seus plans a conquista de Toledo como algo inevitábel se quería consolida-lo dominio cristián alén o río Douro. A partir do 1082 a política contra dos taifas endureceuse tratando de obter máis tributos, asegurar dependencias e controlar mellor os territorios dos reinos musulmáns. No 1082 enviou unha embaixada a Sevilla tratando de obter un aumento das parias, pero o rei Al-Mu´tamid apresou os embaixadores. A resposta de Afonso foi invadir o seu reino, chegando ata Sevilla, e alcanzou Tarifa. O obxectivo era restabelecer o estado das cousas, pero xa o rei sevillano chamara na súa axuda aos Almorábides do norte de África, que naqueles intres estaban tomando Ceuta. Con aquela cidade no seu poder, nada impediu que cruzasen o estreito e a súa presenza cambiou as tornas da historia andalusí. Con Yusuf bi Tasufin á fronte dun poderoso exército que descompuxo a estratexia política e guerreira dos cristiáns, pero acabou tamén coa existencia mesma dos taifas.
A capitulación de Toledo
Afonso suponse que tiña coñecemento da potencia guerreira dos Almorábides, polo que a súa política máis lóxica foi aumentar a presión sobre Toledo e Zaragoza para conseguir unha posición mais favorábel ante a nova situación.
O asedio de Toledo empeza no 1084, coa talla de árbores e arrasamento das terras laborábeis do seu arredor e a instalación dun campamento permanente. O rei de Toledo comeza axiña as negociacións cara a salvar o seu prestixio e poboación musulmá da cidade, que política e militarmente se daba por perdida, xa que a situación naquel intre non era posíbel unha axuda exterior. A capitulación foi o 6 de maio do ano seguinte, inda que a entrada triunfal foi o 25, quedou como modelo para futuras capitulacións doutras cidades hispano-musulmás, que amosaba a máxima liberdade cos vencidos, deixando os bens nas súas mans, a liberdade de culto na mesquita maior, á cal lle conservou o seu patrimonio, conservaron o seu réxime fiscal e liberdade para emigrar cos seus bens móbiles, non así os inmóbeis, que quedaban en mans do Rei, pero que eran devoltos en caso de volver de novo á cidade. A intención de Afonso era a de conservar a toda a poboación posible e acadar de novo o tecido produtivo, xa que era imposible poboar de novo unha cidade enorme por aquel entón (tiña uns 37 000 habitantes, e León non pasaría de 1 500) completamente necesaria para protexer o seu reino. Para cubrir o seu flanco oriental, axudou a recuperar o dominio de Valencia a Al-Qadir, que soamente reinou 3 anos, e de paso cortaba o paso dun posible apoio a Zaragoza.
As consecuencias políticas para Afonso da toma de Toledo foron inmediatas, xa que o seu prestixio medrou moito na cristiandade o que lle permitiu consolidar alianzas e relacións, especialmente co Cluny, a nobreza borgoñoa e o Pontificado. As consecuencias estratéxicas foron, por unha banda a de rachar o eixo principal de comunicación entre Zaragoza e Al-Ándalus, o que dificultaba o envío de auxilios militares. Por outra banda temos que por vez primeira o dominio destas terras permitiu o poboamento das terras do Texo medio e o Sistema Central deica a liña do Douro o que rachaba definitivamente co equilibrio de forzas establecido dende comezos do Século X.
miniatura|A expansión almorábide.
Púxolle cerco a Zaragoza, para castigar a actitude do seu emir e esixirlle o pago das parias debidas, e nese intre desembarcan os Almorábides en Alxeciras, cun profundo receo de moitos taifas polo risco que supoñía o seu prestixio relixioso e político e a súa capacidade militar, polo que o seu avance cara ao norte contra os dominios dos cristiáns foi lento. O encontro tivo lugar en Zalaca o Sagrajas, na beira dereita do Guadiana, que se ben foi favorábel ós musulmáns, e Afonso foi ferido, non foi definitivo. Tal é así, que os Almorávidas se retiraron primeiro a Sevilla, e logo ó norte de África de novo, sen querer intervir na situación política andalusí.
Afonso continuou entón coa súa política de percibir as parias e fortalecer os acordos. Xa o conseguira de Zaragoza, e a Rodrigo Díaz de Vivar enviouno a atacar Lleida, axudou a independencia de Murcia do Taifa de Sevilla, e o seu acordo de amizade con Valencia foi renovado, cando de novo e dende Sevilla se chama aos Almorábides. Dirixíronse a Aledo, que cercaron, pero debido á escasa axuda dos taifas de Granada e Sevilla, retiráronse de novo. Como a política de Afonso non variaba, continuando co debilitamento polos medios que foran necesarios aos taifas, que se enfrontan uns cos outros, os Almorábides cruzan de novo o estreito, pero coa intención de quedar, e diríxense a Toledo, a que cercan, pero non chegan a tomar. Toman Granada e tódalas súas terras e para Afonso significaba o derrube case completo do réxime de protectorado e parias que restabelecera case por completo. O cerco almorábide continúa e toman todo o Levante agás Valencia, cidade que toma o Cid coas súas tropas e mantén afastados os Almorábides ós que derrotou en Cuarte. Pero os Almorábides diríxense agora para o occidente, tomando Badaxoz e Lisboa. Nos anos seguintes, non deixan do seu empeño en tomar Toledo, e Valencia, que foi cercada, pero mantense ata a morte do Cid, cando Afonso chegou para axudar aos cristiáns a saír dela, despois de queimar o Alcázar, a mesquita principal e parte dos seus casaríos. O corpo do Cid foi soterrado no Mosteiro de Cardeña, onde viviu a súa viúva Ximena 12 anos máis, ata o seu pasamento. Con Valencia en mans dos Almorábides, a situación en todo o Levante e no Val do Ebro trocou rapidamente, podendo atacar o Conde de Barcelona, e Ermengol IV morreu na batalla de Mollerussa, Zaragoza deixou de pagar as parias a Afonso e o fillo do visir foi a Sevilla a acatar o herdeiro de Tasufín, Ali.
Matrimonios e descendencia Afonso casou polo menos cinco veces e tivo dúas amantes, cunha das cales probabelmenmte casou posteriormente.
Primeiro: con Inés de Aquitania en 1069. Logo de 8 anos de unión, en 1077, o rei obtén a anulación da súa voda alegando a esterilidade de Inés. Ela morrerá un ano máis tarde, en 1078. Tras o seu divorcio, ao parecer (aínda que isto non é seguro) estableceu conversacións para un posíbel matrimonio con Agatha de Normandía, filla do rei Guillerme I de Inglaterra (Guillerme o Conquistador) , pero a súa morte prematura en 1080 frustra o proxecto. Segundo: con Costanza de Borgoña en 1081, filla de Roberto I, duque de Borgoña, e bisneta de Hugo Capeto, rei de Francia, e ademais viúva, sen fillos, do conde Hugo II de Châlon. A este matrimonio inicialmente opúixose o papa, ao parecer debido ao seu parentesco con Inés de Aquitania. O seu reinado como raíña consorte trouxo significativas influencias cluniacienses ao Reino. Faleceu en setembro ou outubro de 1093, e foi a nai da filla lexítima de Alfonso: Orraca (n. 1081 - m. 1126), a cal acabaría sendo a sucesora do seu pai no trono. e doutros cinco nenos que morreron na infancia, entre eles Elvira (n. 1082).