Henrique Guedes da Silva, nado o 6 de marzo de 1972 en Recife (Brasil) é un futbolista que xoga na demarcación de dianteiro centro.

Traxectoria Comezou a xogar nas categorías inferiores do Fluminense, porén ante a falta de oportunidades fichou polo São Cristovão, onde coincidiu con Vagner e Ronaldo, e despois polo CSA de Maceió, onde militou dous anos proclamándose pichichi do campionato.

Tras xogar no União São Jorge ficha polo Os Belenenses de Portugal e ao ano seguinte polo UD Salamanca, tras unha mala tempada en Salamanca é cedido ao CD Leganés, e tras un bo ano no que marca 14 goles ficha polo Málaga CF, onde pasa os seus mellores anos.

Xoga en Málaga dúas tempadas, na primeira delas proclámase pichichi de Segunda División axudando ao equipo a ascender a Primeira, e ao ano seguinte queda na segunda posición na clasificación de máximo goleador so despois de Salva Ballesta.

Estas boas actuacións fan que fiche polo Celta de Vigo por un prezo de 2300 millóns de pesetas, converténdose na fichaxe máis cara da historia do club. En Vigo comeza cuns números aceptabeis pero as súas cifras anotadoras e peso no equipo van diminuíndo ata que na tempada 2004/05 é cedido ao CF Estrela Amadora e no mercado de inverno definitivamente traspasado ao Krylia Sovietov ruso.

En Rusia non dura moito e ese mesmo ano é traspasado ao Os Belenenses, onde tampouco ten fortuna e en 2005 volve ao seu país, ao Clube Atlético Mineiro. Porén en 2006 volve a España, ao CD Linares da Segunda División B, onde xoga ata mediada a tempada 2007/08. Deixa o club a causa dos problemas económicos que o levan á disolución e ficha polo Unión Estepona CF, onde permanece ata 2010 despois de acadar o ascenso á Segunda División B.

En 2010 volve ao Brasil ao CSA de Maceió, onde seguía xogando no 2011 á idade de 40 anos.

Coa selección de fútbol O seu bo papel no Málaga levouno a ser convocado coa Selección de fútbol de España en tres ocasións, debutou o 7 de outubro de 2000 ante Israel.

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Recife Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do São Cristovão Categoría:Xogadores do Centro Sportivo Alagoano Categoría:Xogadores do CF Os Belenenses Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CF Estrela da Amadora Categoría:Xogadores do PFC Krylia Sovetov Samara Categoría:Xogadores do Clube Atlético Mineiro Categoría:Xogadores do CD Linares Categoría:Xogadores do Unión Estepona CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España