Juan Bautista Alonso Español, nado en Salcidos (A Guarda) o 14 de setembro de 1801 e finado en Madrid o 5 de decembro de 1879, foi un avogado e político galego, membro do Partido Progresista, deputado e senador. Publicou un libro de poesía.
Traxectoria Fillo dun mestre de obras, de neno quedou orfo de nai. Estudou Filosofía e Dereito na Universidade de Salamanca. En Madrid estivo vinculado ao maxisterio de Alberto Lista e exerceu de avogado. Foi secretario da Academia del Mirto, á que pertencían, entre outros, José de Espronceda, Felipe Pardo y Aliaga e Ventura de la Vega., María José (2020). Literatura y periodismo en la época del Romanticismo en España. Juan Bautista Alonso Español Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes . Mantivo relacións con José García de Villalta, Espronceda, Antonio García Gutiérrez, Patricio de la Escosura e Mariano José de Larra. Foi redactor de El Eco del Comercio e La Abeja. Fundou o periódico El Guirigay con Luis González Bravo e colaborou no Semanario Pintoresco Español.
Foi deputado (entre 1839 e 1866) polas provincias da Coruña, Granada, Madrid, Pontevedra e LugoArquivo Histórico de Deputados (1810-1977) . e subsecretario do Ministerio da Gobernación con Salustiano de Olózaga.
Publicou, en lingua castelá, traballos xurídicos e, en 1834, o libro de poemas de estética neoclásica Poesías (Imp. de Tomas Jordan, Madrid, 358 páxinas).Poesías en Google Books.Poesías en Galiciana. Pediu que se declarase á cidade de Vigo capital da Provincia de Pontevedra., Luis (2004) "La denominada “Guerra de las dos ciudades” entre Vigo y Pontevedra por la capitalidad provincial" pp. 11-12. Instituto de Estudios Vigueses."Refutación de los argumentos en que se apoyó el señor diputado D. Juan Bautista Alonso para pedir que se declare á la ciudad de Vigo capital de la provincia de Pontevedra" (1841) Oficina del Boletín, en Galiciana . et al. (2003), interpretando mal a (1951), indican, erradamente, o contrario. Colaborou con varias poesías no Álbum de la Caridad de 1862 ("Mi patria", "Mi cortesana en el campo", "El duelo" e "El regalo campestre"), todas elas xa incluídas con anterioridade en Poesías.
Despois da revolución de 1868 foi presidente do Consello de Estado. Foi senador pola Provincia de Murcia de 1872 a 1873.Senadores de España (1834-1923) .
Obra Poesías, 1834, Imp. de Tomas Jordan, Madrid, 358 páxinas.
Galería de imaxes
Nota
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Partido Progresista Ligazóns externas Alonso, Juan Bautista, 1801-1879 na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela. "Excmo. Sr. D. Juan Bautista Alonso" La Voz del Tecla. n.º 190 (5/12/1914) .
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Xornalistas da Guarda Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Guarda Categoría:Nados en 1801 Categoría:Finados en 1879 Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Literatura do Romanticismo Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra