José Luis Nogueira Rodríguez, nado en Santiago de Compostela en 1926 e finado en Vilagarcía de Arousa o 1 de abril de 2007, foi un empresario e político galego.

Traxectoria En 1955 casou para Vilagarcía de Arousa, onde participou en diversos colectivos empresariais. Concelleiro durante o franquismo, foi designado como alcalde de Vilagarcía en 1976. Durante o seu mandato rematáronse as obras da traída de auga dende o río Umia á zona urbana de Vilagarcía. Continuou como concelleiro por UCD logo das primeiras eleccións locais democráticas de 1979. Ademais, ocupou un asento de deputado provincial entre 1979 e 1983, da que foi vicepresidente. Foi secretario xeral da Presidencia no primeiro goberno da Xunta de Galicia (1979-1981). Nos anos noventa foi presidente da Federación de Empresarios de Arousa. Tamén foi presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico.La Voz de Galicia, Pontevedra, 2-4-2007, p. 15.

Notas

Categoría:Alcaldes de Vilagarcía de Arousa

Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición

Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra

Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2007