El Progreso foi un semanario editado en Lugo entre 1867 e 1868.

Historia e características Subtitulado Periódico semanal de intereses generales, apareceu o 1 de marzo de 1867. Estaba dirixido por Heliodoro Cid e editado por Pedro Pujol, a partir do número 6 editouno Enríquez Villamarín. Incluíu artigos doutrinais e crónicas locais. Cesou a súa edición o 5 de febreiro de 1868. Tivo unha segunda época a partir do 1 de outubro de 1868, cun carácter político e cunha tendencia unionista.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1867 en Galicia