miniatura|Porta de París, en Lille Lille é unha cidade do norte de Francia que debe o seu nome ao feito de que foi fundada sobre unha illa. É a capital e a cidade máis poboada da rexión de Alta Francia e da prefectura do departamento do Norte (59). Os habitantes de Lille chámanse "lillois".

A cidade denomínase Lille debido á súa situación histórica sobre unha illa no medio do Deûle. Ao igual que en francés antigo (L'isle), a denominación neerlandesa (Rijsel) da cidade indica tamén a súa orixe insular.

Forma unha aglomeración urbana con máis dun millón de habitantes, coas cidades de Roubaix, Tourcoing e Villeneuve d'Ascq, comprendendo o 40% da poboación da aglomeración.

A área urbana de Lille traspasa as fronteiras nacionais, incluíndo cidades belgas como Courtrai, Mouscron e Ménin, formando unha área metropolitana de 1 727 525 habitantes.

miniatura|dereita|300px|Praza do xeneral de Gaule, en 2005.

Educación EDHEC Business School ESME Sudria E-Artsup EPITECH IÉSEG School of Management ISEG Marketing & Communication School ISG Paris SKEMA Business School

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Lille