Glendale é unha cidade situada no condado de Maricopa, en Arizona, a uns 14 km ao noroeste do centro de Phoenix.
Demografía Segundo o censo de 2010, a cidade tiña unha poboación de 226.721 habitantes e unha densidade de poboación de 1.455,78 persoas por km2. O 67,82% era poboación branca, o 6,04% eran afroamericanos, o 3,91% eran asiáticos, o 1,67% amerindios, o 0.19% eran insulares do Pacífico, o 16,41% doutras razas e o 3,96% pertencía a dúas ou máis razas.
Lecer e educación Os Phoenix Coyotes da NHL e os Sting da NLL de Arizona comezaron a xogar en Glendale cando o Jobing.com Arena (antes Arena Glendale) abriu as súas portas en decembro de 2003 en Westgate City Center. Glendale tamén é a casa dos Arizona Cardinals da NFL. Glendale posee un estadio no que se xogou a Super Bowl en 2008. Este estadio tamén acollerá a Super Bowl do 2015.
En Glendale está a sede do Distrito Escolar Unificado de Peoria. Moitos distritos escolares serven á cidade, e son os seguintes: Unified school districts Deer Valley Unified School District Dysart Unified School District Peoria Unified School District High school districts Glendale Union High School District Phoenix Union High School District Tolleson Union High School District Elementary school districts Alhambra Elementary School District Glendale Elementary School District Pendergast Elementary School District Washington Elementary School District
Celebracións Glendale celebra cada ano unhas festividades peculiares da zona: Festival do Chocolate de Glendale Glendale brilla Festival de Jazz e Blues de Glendale Rancho histórico Manistee Rancho histórico Sahuaro
Categoría:Cidades de Arizona