A cefalea tensional ou cefalalxia tensional, tamén denominada cefalea muscular ou vasomotora, é un tipo de cefalalxia continua, non pulsátil, na que o doente adoita referir unha dor opresiva, que envolta a parte alta da testa. A duración é variábel, entre uns poucos minutos e varios días e, polo xeral, non se acompaña doutros síntomas. A presenza doutras alteracións, alén da dor, fai pór en dúbida o diagnóstico. Malia que o tratamento máis idóneo é a eliminación do factor estresante, estes pacientes adoitan consultar ao neurólogo.

Causas Habitualmente está orixinada por unha contracción continuada polos músculo da testa e do pescozo, producíndose unha isquemia no interior do músculo en contreto. Este tensión pode ser debida a unha postura corporal incorrecta, por exposición a situacións de estrés social ou psicolóxico, ou constituír unha reacción normal ao cansamento intenso. Adoito asóciase a: Trastornos do sono. Trastornos afectivos. Estados de ansiedade.

Tratamento As cefaleas episódicas de tipo tensional respostan polo xeral ben á medicación habitual, como son os AINEs (entre os que se demostrou que o máis útil é o ibuprofeno). Outras medicacións útiles inclúen a amitriptilina, a mirtazapina, os mecanismos de biofeedback e o valproato sódico (coma profilaxis ou prevención). Tamén se fixeron experimentos doutros tratamentos como agora a toxina botulínica ou a acupuntura. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Asociación Española de Pacientes con Cefalea (AEPAC) Sociedade Española Neuroloxía (SEN) Grup d' Estudo de Cefalea da Sociedade Española Neuroloxía (SEN) Vídeo de Cefalea da Sociedade Española Neuroloxía (SEN)

Categoría:Cefaleas