O caramuxo, caramuxa, caramecha, mincha ou bígaro (Littorina littorea, Linnaeus 1767) é un molusco gasterópodo mariño, de pequeno tamaño, que vive nas zonas rochosas da costa. Pertence á familia dos litorínidos (Littorinidae), da orde dos Sorbeoconcha.

Morfoloxía Presenta a cuncha cónica, en espiral e ápice en punta, alcanzando tamaños máximos de 2,5 cm de altura. A cor é habitualmente escura (parda a negra), mostrando bandas concéntricas claras e escuras. Na superficie vense numerosas estrías espirais.

A abertura da cuncha é ovoide e o opérculo, de natureza córnea, pecha esa abertura durante a baixamar.

O caramuxo ten dous tentáculos longos e os ollos na base deles. O pé é forte.

Hábitat e bioloxía Vive sobre as pedras e algas da franxa intermareal, distribuíndose no Atlántico e Mediterráneo.

Aliméntase, como as lapas, das algas que colonizan as pedras.

Aproveitamento pesqueiro e comercial É un molusco comestible e bastante apreciado.

Existen outras especies semellantes, algunhas comestibles e outras non.

O caramuxo en Galicia Outros nomes populares deste molusco son os de cornecho (común a outros gasterópodos de cuncha en espiral), cuco, meiga; en Malpica chámano mexacán Ríos Panisse non se define sobre a orixe deste nome se poida deber á planta do mesmo nome (Taraxacum officinale), a que produza algún tipo de irritación na pel (mexacán ou coxo) ou á síncopa dun posible ameixa de can..

Segundo Eladio Rodríguez dunha muller pequena de corpo dise que é unha mincha.

Sarmiento contaba o seguinte:

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985. RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba. SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.

Ligazóns externas Ficha en pescaderiascorunesas.es

Categoría:Gasterópodos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Marisco Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Taxons descritos por Linné