Aureliano in Palmira (en galego Aureliano en Palmira) é unha ópera (dramma serio) con música de Gioachino Rossini sobre un libreto en italiano xeralmente atribuído a Felice Romani. A súa estrea tivo lugar o 26 de decembro de 1813 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Alessandro Rolla.
Libreto A historia estaba baseada nun libreto de Gaetano Sertor para a ópera de 1789 de Pasquale Anfossi Zenobia in Palmira e céntrase na rivalidade entre o emperador romano Aureliano e o príncipe Arsace de Persia pola fermosa Zenobia, raíña de Palmira.
O libreto está asinado coas siglas G. F. R., mais é xeralmente atribuído a Giuseppe Felice Romani,Richard Osborne 2007, p. 216; Roccatagliati 2001. aínda que outras veces é atribuído ao descoñecido Gian Francesco Romanelli.Weinstock 1968, pp. 40, 494; Charles Osborne 1994, p. 38. Suxeriuse que o último nome pode ser o resultado dunha confusión de Romani con Luigi Romanelli, o poeta de La Scala anterior á chegada de Romani ao posto.
O dúo entre Zenobia e Arsace do Acto 1, Se la m'ami, o mia regina ("Se ti me amas, oh miña raíña"), foi moi admirada por Stendhal. A pesar de que nunca vira unha representación completa de Aureliano in Palmira, escoitou o dúo nun concerto en París e describiu a súa música como "sublime" e un dos mellores dúos que Rossini escribira.Orixinalmente en francés: "Ravi par l'accord parfait des voix délicieuses qui nous faisaient entendre 'Se la m'ami, o mia regina', je me suis supris plusieurs fois à croire que ce duetto est le plus beau che Rossini ait jamais écrit. Ce que je puis assurer c'est qu'il produit l'effet auquel on peut reconnaître la musique sublime: il jette dans une rêverie profonde.", en Vie de Rossini, M. Lévy, 1854, pp. 105-106. Outra música desta ópera, particularmente a abertura, foi posteriormente reempregada por Rossini en Elisabetta, regina d'Inghilterra e en Il barbiere di Siviglia.
Historia Aureliano in Palimira foi o segundo encargo que o Teatro alla Scala lle fixo a Rossini. Abriu a tempada de Tempada de Carnaval do teatro co famoso castrato, Giovanni Battista Velluti no papel de Arsace. Foi o único papel escrito por Rossini para castrato. Rossini escribiu orixinalmente o papel de Aureliano para Giovanni David, un dos máis renomeados tenores do seu tempo. Porén, debido a problemas durante os ensaios levaron a David a abandonar a produción, e Luigi Mari ocupou o seu lugar.Lindner 1999, p. 19. A popular soprano, Lorenza Correa, cantando o papel da raíña Zenobia. A orquestra foi dirixida na estrea por Alessandro Rolla e a dirección de escena de Alessandro Sanquirico.'Aureliano in Palmira' in Piero Gelli (ed.) (2005), Dizionario dell'Opera, Baldini Castoldi Dalai, ISBN 888490780
A noite da estrea resultou decepcionante para os críticos milaneses que eloxiaron a produción pero consideraron a súa música inferior á de Tancredi, tamén de Rossini e estreada en Venecia a principios dese mesmo ano. Tamén houbo críticas aos tres cantantes principais.Reportaxe da noite da estrea en Il Corriere Milanese, Decembro de 1813, publicada no Archivi Teatro Napoli A ópera tivo unha xeira de 14 representacións en La Scala esa tempada e foi representada esporadicamente en varios teatros italianos (incluído o Teatro San Carlo en Nápoles) entre 1814 e 1831. Tamén foi representada en Londres en 1826, novamente con Velluti como Arsace. Logo a ópera caeu máis ou menos no esquecemento.
A súa primeira representación moderna tivo lugar en setembro de 1980 no Teatro Politeama en Xénova baixo a dirección de Giacomo Zani, con Paolo Barbacini momo Aureliano, Helga Müller-Molinari como Arsace, e Luciana Serra encarnando a Zenobia. Houbo outra revitalización da ópera importante en 1996 no Festival "Rossini in Wildbad" baixo a dirección de Francesco Corti, con Donald George como Aureliano, Angelo Manzotti no papel de Arsace, e Tatiana Korovina como Zenobia.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 26 de decembro de 1813(Director: Alessandro Rolla)Aureliano, emperador de RomatenorLuigi MariZenobia, raíña de Palmira, amante de ArsacesopranoLorenza CorrèaArsace, príncipe de Persia castrato / contraltoGiambattista VellutiPublia, filla de Valeriano, namorada en segredo de ArsacemezzosopranoLuigia SorrentiniOraspe, xeneral do exército palmirenotenorGaetano PozziLicinio, un tribunobaixoPietro VasoliEl Gran Sacerdote baixoVincenzo BotticelliSacerdotes, doncellas palmirenas, palmirenos, persas, pastores e pastoras; soldados persas, palmirenos e romanos
Argumento Lugar: na cidade de Palmira e os seus arredores. Época: 271-272 A.D.Charles Osborne 1994, p. 38.
Acto 1 A raíña Zenobia, o seu amante Arsace, e os sacerdotes ofrecen sacrificios no Templo de Isis e rezan pola súa salvación ante a proximidade do exército romano. O xeneral Oraspe entra ao son de música militar e anuncia que o exército de Aureliano está ás portas de Palmira. Arsace promete as súas tropas persas para defender a cidade. Logo dunha escena dramática de batalla na planicies fora da cidade, os persas son derrotados. Os soldados romanos celebran a súa vitoria. Aureliano chega e trata a Arsace, agora o seu prisioneiro. El respóndelle ao Eperador con dignidade e afirma o seu amor por Zenobia, dicindo que está disposto a morrer por ela.
Dentro dos muros de Palmira, Zenobia escondeu os tesouros do reino nas bóvedas baixo o pazo. Ela decide facer un último esforzo coas súas tropas para salvar a cidade. Zenobia pídelle a Aureliano unha tregua para que poida falar con el e obter a liberdade dos prisioneiros, entre eles Arsace. Ante o rexeitamento de Aureliano a liberar os prisioneiros, ela pídelle poder ver a Arsace unha última vez. Zenobia e Arsace choran ante o seu destino. Aureliano entra e promete liberar a Arsace coa condición de que abandone a Zenobia. Arsace négase e é sentenciado a morte. Os exércitos romano e palmireno prepáranse para a derradeira batalla.
Acto 2 Palmira foi agora conquistada polos romanos. Aureliano entra no pazo de Zenobia e decláralle o seu amor, mais ela o rexeita. Mentres tanto Oraspe libera a Arsace, que escapa polos outeiros xunto ao río Éufrates, onde está protexido por un grupo de pastores. Os soldados de Arsace reúnense con el e dinlle que Zenobia foi tomada como prisioneira. Arsace ponse en marcha para liberala e prepara un novo ataque contra os romanos coas tropas de Palmira.
No pazo, aureliano propón a Zenobia que reinen xuntos en Palmira. Unha vez máis, Zenobia o rexeita. Máis tarde esa noite, Arsace e Zenobia encóntranse de novo á lúz da lúa e abrázanse. Cando son descubertos polas tropas romanas, piden morrer. Aínda que admira o seu valor e a devoción do un cara ao outro, Aureliano decreta que rematen os seus días en celas separadas. Publia, a filla dun xeneral romano e secretamente namorada de Arsace, pídelle a Aureliano que se apiade del.
A escena final ten lugar nunha gran cámara do pazo de Zenobia. Os líderes e os sacerdotes dos palmirenos derrotados reúnense suplicando a Aureliano. Oraspe, Arsace e Zenobia son levados á cámara encadeados. Aureliano, ten un cambio de corazón e libera a Zenobia e Arsace para que reinen xuntos en Palmira coa condición de que xuren lealdade ao Imperio Romano. Eles aceptan, e eloxian o corazón xeneroso de Aureliano. O coro canta con ledicia, "Torni sereno a splendere all'Asia afflitta il dì." ("Que o día esclareza sereno e brille pola sufrinte Asia.")
Orquestración A partitura de Rossini require a utilización de:
2 frautas (tamén piccolos), 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots 2 trompa, 2 trompetas, trombón Timbais, bombo Archi
Para os recitativos:
Piano (violonchelo e contrabaixo ad libitum)
Gravacións AnoElenco:Aureliano, Zenobia, Arsace, Gran Sacerdote Director,Teatro de ópera e orquestraSelo Gravacións de Aureliano in Palmira de operadis-opera-discography.org.uk1981 Paolo Barbacini,Luciana Serra,Helga Müller-Molinari,Carlo Cava Giacomo Zani,Orquestra do Teatro dell'Opera Giocosa de Xénova e Coro Gregorio Magno CD de son: Sarx ANGCat: 970011996 Donald George, Tatiana Korovina,Angelo Manzotti,Alexander Alnicolli Francesco Corti,I Virtuosi di Praga Coro de Cámara Checo(Gravación en directo do "Rossini in Wildbad" Festival)CD de son: BongiovanniCat: GB 2201/2-2
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Libreto orixinal de 1813 publicado en Milán por Giacomo Pirola en Google Books.
Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas de 1813 Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas estreadas no Teatro alla Scala