miniatura|Ameixas rubias á venda na praza do Grove A ameixa rubiaO Dicionario Xerais da Lingua recolle tamén as formas ameixa beada, ameixa rosada e ameixa vermella(Venerupis rhomboides, Pennant 1777 O World Register of Marine Species considera que o nome científico válido actualmente é o de Polititapes virgineus (Linnaeus, 1767), pero mantemos o de Venerupis rhomboides seguindo a nomenclatura oficial vixente en España (Resolución de 28 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se establece e se publica a listaxe de denominacións comerciais de especies pesqueiras e de acuicultura admitidas en España (BOE nº 148, de 21.06.2012) .; antes Tapes rhomboides) é unha especie de molusco bivalvo mariño pertencente á familia dos Venéridos (Veneridae), da orde Veneroida.
Morfoloxía Ten unha cuncha sólida, equivalva pero non equilateral (o umbo está desprazado cara á parte anterior) e perfil ovalado. Presenta liñas de crecemento finas. A charnela posúe tres dentes cardinais en cada valva, algúns bífidos.
A cor é típicamente rubia, avermellada, desde tons cremas a rubia castaña, adoito con raias, manchas ou bandas quebradas máis escuras que a cor do fondo.
Hábitat e bioloxía En Galicia abunda nas Rías Baixas. Vive enterrada nos fondos de area e grava, desde a franxa infralitoral ata os 200 m de profundidade.
Aproveitamento pesqueiro e comercial Péscase con raños desde a embarcación.
Cocíñase e consómese como as outras ameixas, aínda que esta é menos apreciada. A carne endurece se se prolonga a cocción. Tamén se utiliza para conserva.
Notas
Véxase tamén Bibliografía DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999. RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985. RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba. Outros artigos Lista de bivalvos de Galicia
Categoría:Veneroideos Categoría:Marisco Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1777