miniatura|Rabioso miniatura|Distintas cunchas mostrando a variabilidade de cores O rabioso (Glycymeris glycymeris, Linnaeus 1758) é unha especie de molusco bivalvo mariño, pertencente á familia dos Gliciméridos (Glycymerididae), da orde Arcoida.
Morfoloxía Ten unha cuncha netamente circular, sólida, equivalva, que mide uns 6,5 cm de diámetro. Presenta liñas de crecemento concéntricas moi finas. Na charnela ten dúas filas de 6 a 12 dentes en cada valva.
A cor é branca sucia pero mostra numerosas liñas castañas en zigzag, irregulares e distribuídas por toda a superficie. O interior é branco ou marrón, sen mostrar a marca do seo paleal.
Hábitat e bioloxía Vive na franxe infralitoral ata profundidades de 100 metros, en fondos de area.
Distribúese na costa europea do Atlántico e no Mediterráneo.
Interese pesqueiro e comercial É un molusco pouco apreciado, de carne dura, que só se utilizaba para conservas.
Véxase tamén Bibliografía RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985. RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
Outros artigos Lista de bivalvos de Galicia
Ligazóns externas
Ficha en World Register of Marine Species
Categoría:Bivalvos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758