Naucalpan de Juárez é un concello do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Tlalnepantla de Baz, Huixquilucan, Jilotzingo, Lerma, Xonacatlán, Atizapán de Zaragoza e coas delegacións Azcapotzalco e Miguel Hidalgo da Cidade de México. A súa área é de 155,70 km², e a súa poboación era de 872.320 habitantes no ano 2011.Concello de Naucalpan de Juárez , SEDESOL, 29 de novembro de 2016. A cabeceira municipal é Naucalpan de Juárez, a segunda poboación é Cidade Satélite.Monografia municipal de Naucalpan de Juárez

Topónimo Naucalpan identifícase co nome na lingua náhuatl de Nauhcalpan (cfr. náhuatl actual Nahui (catro), callli (casa), e o sufixo de lugar -pan). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "lugar de catro casas". O apelido é en honor a Benito Juárez, expresidente de México.

Xeografía O concello atópase no centro do Estado de México, a 8 quilómetros ao noroeste da Cidade de México e 80 quilómetros da cidade de Toluca de Lerdo (capital do estado).

Política e goberno O concello está formado por un presidente municipal ou alcalde, un síndico, un tesoureiro, un secretario da xunta e rexedores das delegacións. A elección é por representación democrática que encabezan os partidos políticos para un período de tres anos de goberno.

Alcaldes AlcaldePeríodo 18px|link=Partido Acción Nacional Eduardo Alfredo Contreras y Fernández 2000-2003 18px|link=Partido Acción Nacional Ángelica Moya Marín 2003-2006 18px|link=Partido Acción Nacional José Luis Durán Reveles 2006-2009 18px|link=Partido Revolucionario Institucional Otilia María Olivares Villagomez 2009-2012 18px|link=Partido Revolucionario Institucional David Ricardo Sánchez Guevara 2012-2015 18px|link=Partido Acción Nacional Edgar Armando Olvera Higuera 2015-2018

Demografía O concello de Naucalpan de Juárez ten moitas localidades e na seguinte táboa amósanse as principais parroquias. Localidades Poboación Total do concello 833 779 Naucalpan de Juárez San Francisco Chimalpa Santiago Tepetlaxco San José Tejamanil

Cultura miniatura|200px|Torres de Satélite. Conta cun bo número de monumentos patrimoniais e unha grande historia. Cóntase neste concello con algúns vestixios arqueolóxicos e arquitectónicos do seu pasado precolombiano e colonial español, sendo os recintos máis importantes as igrexas, edificios barrocos que conservan as súas características de deseño orixinal.

As torres de Satélite son estruturas de formigón pintadas en cores, azul, vermella, amarela e branca, é un símbolo de modernidade de finais do século XX, de estilo minimalista e o seu arquitecto foi Luis Barragán.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Benito Juárez

Ligazóns externas Concello de Naucalpan de Juárez INEGI, 2009.

Categoría:Concellos do estado de México Categoría:Concellos da Zona Metropolitana do Val de México