Benno Roth, nado en Riesa (Alemaña) o 25 de marzo de 1903 e finado en Seckau (Austria) o 6 de xaneiro de 1983, foi un padre bieito e historiador da igrexa.

Traxectoria

Benno naceu en Saxonia pero viña dunha familia de Estiria, estudando na abadía de Seckau desa rexión, onde acabou ingresando logo da súa graduación primeiro como novizo e logo como monxe e en 1929 ordenouse sacerdote e tamén tiña un doutoramento en historia. Foi profesor de alemán e historia na súa abadía desde 1934 ata 1972, con algunhas interrupcións debidas á guerra e desde 1946 foi membro da Comisión Histórica de Estiria. Publicou numerosos traballos de historia local e da igrexa, salientando Seckau. Geschichte und Kultur 1164-1964. Zur 800-Jahr-Feier der Weihe der Basilika (1964) e Seckau. Der Dom im Gebirge. Kunsttopographie vom 12. bis zum 20. Jh (1983).

Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Sacerdotes católicos de Alemaña Categoría:Beneditinos de Alemaña Categoría:Historiadores de Alemaña Categoría:Nados en Saxonia Categoría:Historiadores de Historia da relixión Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina