Manuel Jiménez Rodríguez, nado en Sevilla o 14 de decembro de 1941 e finado en Vigo o 5 de decembro de 2021, foi un futbolista español que xogaba na demarcación de extremo esquerdo.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Real Betis Balompié, aínda que non chegou a debutar co primeiro equipo ao fichar polo CD Badajoz. Tras as súas cifras goleadoras en Segunda División fichou polo FC Barcelona onde militou unha tempada sen chegar a xogar ningún encontro.
Na tempada 1968/69 fichou polo Celta de Vigo, nun principio cedido polo equipo culé pero pasou a propiedade do Celta, onde militou oito tempadas. Nestes anos participou no debut do club en competición europea, en 1971 na Copa da UEFA.
Finalmente retirouse do fútbol como xogador do Celta en 1975. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Personalidades sen imaxes