Portonovo é unha das dúas vilas do concello de Sanxenxo, xunto coa capital do concello, e o segundo núcleo en número de habitantes (en 2025). Segundo datos do IGE, tiña 2.122 habitantes no ano 2025, dos que 1.047 eran mulleres e 1.075 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 2.161 veciños, e 2009, cando eran 2.184.
Está situado na parroquia de Adina, coa que normalmente se identifica. Actualmente están integrados, total ou parcialmente, no casco urbano da vila os lugares de Barbeito, Vista Alegre e Canelas.
Portonovo foi concello de seu trala reorganización territorial de 1833, xunto ós concellos de Sanxenxo e Dorrón, pero en 1835 unificáronse nun só concello, con capitalidade en Padriñán, á que pertence o lugar de Sanxenxo.Diario de Arousa 17.07.2023.
A súa actividade económica baséase historicamente na pesca, cun gremio de mareantes de especial relevancia durante a idade Media. Froito desta gran tradición pesqueira, conta cunha confraría de pescadores, inaugurada no ano 1924 (por Castelao), así como un importante porto pesqueiro recentemente ampliado e unha moderna lonxa, reformada en 2014.
Hoxe en día a pesca está a pasar a un plano secundario por mor do crecemento do sector turístico do concello e, en xeral, de toda a comarca.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Adina
Parroquias de Sanxenxo
Notas
Véxase tamén
Lugares de Sanxenxo
Portonovo