O wannanosaurus é un xénero representado por unha única especie de dinosauro marxinocéfalo e paquicefalosauriano que viviu ao remate do período cretáceo, aproximadamente hai 80 millóns de anos, no campaniano no que hoxe é Asia. Os seus restos fósiles atopáronse en sedimentos de arenito vermello da Formación Xiaoyan, en Anhui, China, que constitúen a especie tipo, W. yansiensis descuberta por Lian-Hai Hou en 1977. Os restos consisten nun esqueleto parcial, que inclúe parte da cúpula cranial e parte da mandíbula,, un fémur e unha tibia, parte das costelas e outros fragmentos. Debido á súa cúpula plana con grandes aberturas considérase como un primitivo paquicefalosauriano.. O fémur só medía 8 cm, e pénsase que non chegaban ao metro de longo, estimando en arredor de 60 centímetros o exemplar coñecido, as súas suturas craniais estaban fusionadas o que denotaba que xa era adulto ao morrer. Durante algún tempo clasificouse como homalocephalidae, familia que caeu en desuso, e que agrupaba os paquicefalosaurianos sen cúpulas en forma de domo.

Filoxenia Cladograma segundo Butler e colaboradores de 2011:

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Wananosaurio dentro de Pachycephalosauria en The Thescelsosaurus (en inglés) Ficha e imaxe de wananosaurio en Dinosaurier-web (en alemán) Wananosaurio en duiops

Wananosaurio en Dinosaurs Research and resources(en inglés) Wananosaurio en dinodictionary(en inglés)

Categoría:Dinosauros