Manuel Borja Calvar Simón, coñecido como Capi, nado en Vigo o 2 de abril de 1981, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo e tras un breve paso polo Ponte de Ourense fichou polo filial do Real Zaragoza en 2003. Compartiu o filial co primeiro equipo durante dúas tempadas ata que na 2005/06 contou con ficha do primeiro equipo, esta sería a última no equipo maña xa que marcha ao Real Murcia en busca de minutos. Porén non o consegue en Murcia e ficha por Lorca CF, UD Las Palmas e Cidade de Santiago en anos sucesivos.

Finalmente atopou continuidade no Montañeros CF, onde militou tres tempadas ata que en 2012 fichou polo CD Ourense.

Foi internacional coa Selección de fútbol de Galicia en tres ocasións entre 2005 e 2008.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador na páxina do CD Ourense Datos do xogador en resultados-futbol.com

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Ponte Ourense CF Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Lorca Deportiva CF Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores da SD Ciudad de Santiago Categoría:Xogadores do Montañeros CF Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do Pontevedra CF