Denomínase neurita a calquera das proxeccións que saen do corpo celular dunha neurona, que poden ser dendritas ou axóns. O termo úsase frecuentemente cando se fala de neuronas inmaturas ou en desenvolvemento, especialmente en células en cultivo, porque non é doado distinguir entre axóns e dendritas ata que a diferenciación da célula é completa.

As neuritas están a miúdo ateigadas de feixes de microtúbulos, cuxo crecemento está estimulado polo factor de crecemento dos nervios (NGF), e polas proteínas tau, MAP1, e MAP2.Bear, Mark F; Connors, Barry W.; Paradiso, Michael A., Neuroscience, Exploring the Brain, Philadelphia : Lippincott Williams & Wilkins; Third Edition (February 1, 2006). ISBN 0-7817-6003-8

A molécula de adhesión celular neural (N-CAM) combínase simultaneamente con outra molécula de N-CAM e co receptor do factor de crecemento de fibroblastos para estimular a actividade tirosina quinase de dito receptor para inducir o crecemento das neuritas.

Hai varios programas informáticos que facilitan o rastreo e detección de neuritas en imaxes (ver ligazóns externas).

Poden utilizarse campos eléctricos endóxenos febles para facilitar e dirixir o crecemento de proxeccións desde as neuritas do soma celular. Utilizáronse campos eléctricos de forza moderada para dirixir e potenciar o crecemento de neuritas en modelos murinos e do anfibio Xenopus. O cocultivo de neuronas con tecido glial aliñado electricamente tamén dirixe o crecemento de neuritas, xa que é rico en neurotrofinas que promoven o crecemento dos nervios.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Neurita de Lewy Neurona unipolar

Ligazóns externas Estado actual da detección de neuritas NeuronJ programa de rastreo de neuritas SynD programa de detección de sinapses e neuritas

Categoría:Neuronas Categoría:Sistema nervioso