Lalín de Arriba é un lugar da parroquia de Lalín, no concello de Lalín, na comarca de Deza, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 137 habitantes (72 homes e 65 mulleres).
Historia Constituíu parroquia de seu até 1890, cando a reforma parroquial da diocese de Lugo dese ano uniu Lalín de Arriba (San Martiño) con parte de San Cristovo da Pena para formar a nova parroquia de Lalín (Santa María das Dores). Con todo, en 2018 o goberno lalinés seguía a contar Lalín de Arriba como parroquia a nivel organizativo municipal, así como desde o punto de vista social, posuíndo deste xeito o seu correspondente alcalde de barrio.
Lugares e parroquias Lugares de Lalín
Parroquias de Lalín
Notas
Categoría:Lugares de Lalín Categoría:Localidades do Camiño de Inverno