A cadela das tetas longas ou cadela peregrina é un ser imaxinario, mitolóxico, que agoira a morte de quen se atope con ela.
Descríbese como unha cadela branca con grandes tetas que arrastra polo chan. Hai quen engade que pode alcanzar o tamaño dunha besta, que se pode partir pola metade e que é quen de botar lume e chispas pola boca e polos ollos. Ademais de ladrar coma un can, pode bear coma unha ovella, grallar coma un corvo ou mesmo laiarse coma unha chorona nun enterro. En ocasións adopta a forma dun corvo ou mesmo dun novelo de fío. Por veces vén acompañada de varios cadelos.
Aparecíase de noite ós que andaban polos camiños apartados e ese encontro significaba a morte desta persoa. No caso de darse este caso cómpre non mirarlle nunca ós ollos. Vicente Risco recolleu como falan dela en Viveiro (Lugo), con moito segredo, case sen nomeala, e contan o caso dunha meniña que estivo a piques de morrer por ver a cadela peregrina e non obedecer cando a súa nai lle advertiu "Non mires, non mires, que é a cadela peregrina".Vicente Risco, px.306.
Tamén pode evitar unha desgraza ó cruzarse con ela tendo a cautela de comportarse cortesmente, saudando cun Deus te acompañe, invocación ante a que a cadela desaparecerá ou se retirará contestando cun E a ti tamén, tal como contan na Terra Chá.
Pode transformarse en corvo e tamén nun nobelo de la. Se se presenta nesta forma e se lle dá un golpe co pé, divídese en tres ou catro novelos, cada un con movemento propio.
Parece ser unha alma en pena que vaga polo mundo adiante, e pode relacionarse con outros seres mitolóxicos, como o can branco, lobo branco ou a raposa do aire, aparicións semellantes que tamén se interpretan como agoiros de morte ou desgraza.
O can branco é outra das aparicións que se describen na mitoloxía popular galega, da que se contan cousas contraditorias. Para uns é sinal de boa fortuna, de bo agoiro"Can branco, fantástica visión que aparece de noite nas aldeas e camiños, e que mira tristemente ás personas coas que se cruza. Crese que esta aparición agoira boas novas" (Eladio Rodríguez González). pero tamén se di que toparse con el é agoiro de morte. Denomínase can negro cando é desta cor e agoira desgrazas.
Como resulta habitual nos intelectuais do século XIX, existen voces contra e outras expresións etnográficas. Ramón Armada Teixeiro publicou un editorial no periódico A Gaita Gallega, do que era director, no que as cualifica de supersticion ou meiguería e pide que as administracións divulguen os estudos de escritores e poetas, ridiculizando estas crenzas. Concretamente, no que respecta á cadela pelengrina, escribe o seguinte:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Cuba, Xoán R.; Reigosa, Antonio e Miranda, Xosé: Dicionario dos seres míticos galegos. Xerais, Vigo 2008. RISCO, Vicente: "Etnografía: cultura espiritual", en Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires 1962, tomo I, px. 306. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo, s. v. cadela e can.
Categoría:Mitoloxía galega