+ Cores do espectro visíbel Cor Lonxitude de onda Frecuencia Vermello ~ 625-740 nm ~ 480-405 THz Laranxa ~ 590-625 nm ~ 510-480 THz Amarelo ~ 565-590 nm ~ 530-510 THz Verde ~ 500-565 nm ~ 600-530 THz Ciano ~ 485-500 nm ~ 620-600 THz Azul ~ 440-485 nm ~ 680-620 THz Violeta ~ 380-440 nm ~ 790-680 THzEspectro continuo Ficheiro:Spectrum441pxWithnm.pngFeito para monitores na gamma 1.5. + Cor, frecuencia e enerxía da luz Cor /nm /1014 Hz /104 cm−1 /eV /kJ mol−1 Infravermello >1000 <3.00 <1.00 <1.24 <120 Vermello 700 4.28 1.43 1.77 171 Laranxa 620 4.84 1.61 2.00 193 Amarelo 580 5.17 1.72 2.14 206 Verde 530 5.66 1.89 2.34 226 Azul 470 6.38 2.13 2.64 254 Violeta 420 7.14 2.38 2.95 285 Ultravioleta próximo 300 10.0 3.33 4.15 400 Ultravioleta distante <200 >15.0 >5.00 >6.20 >598 A cor é a impresión producida por un ton de luz nos órganos visuais, ou máis exactamente, é unha percepción visual que se xera no cerebro dos humanos e outros animais ao interpretar as sinais nerviosos que lle envían os fotorreceptores na retina do ollo, que á súa vez interpretan e distinguen as distintas lonxitudes de onda que captan da parte visible do espectro electromagnético. É estudado pola ciencia da cor.

Para observar a cor debe de haber luz, cando a luz reflíctese as cores rebotan do obxecto.

Todo corpo iluminado absorbe unha parte das ondas electromagnéticas e reflicte as restantes. As ondas reflectidas son captadas polo ollo e interpretadas no cerebro como distintas cores segundo as lonxitudes de ondas correspondentes.

O ollo humano só percibe as lonxitudes de onda cando a iluminación é abundante. Con pouca luz vese en branco e negro. Na superposición de cores luz (denominada "síntese aditiva da cor"), a cor branca resulta da suma de todas cores luz, mentres que o negro é a ausencia de luz. Na mestura das cores primarias na síntese subtractiva da cor, (pigmentos amarelo, ciano e maxenta); o branco só dáse se o pigmento ou o soporte son desa cor, reflectindo toda a luz branca, mentres que o negro é resultado da superposición completa das cores ciano, maxenta e amarelo e verde e unha mestura que en certa medida logra absorber todas as lonxitudes de onda da luz.

A luz branca pode ser descomposta en todas as cores do espectro visible por medio dun prisma (dispersión refractiva). Na natureza esta descomposición dá lugar ao arco da vella.

Na arte da pintura, o deseño gráfico, o deseño visual, a fotografía, a imprenta e na televisión, a teoría da cor é un grupo de regras básicas na mestura de cores para conseguir o efecto desexado combinando cores de luz ou pigmento. A cor negra pódese producir combinando cores luz secundarios: ciano, mestura de verde e azul, maxenta, mestura de azul e vermello, amarelo, mestura de vermello e verde; e mentres que combinando cores luz primarios: vermello, verde e azul prodúcese a cor branca.

En resumo a combinación de cores luz secundarios (ciano, maxenta, amarelo) subtraen luz, como o seu nome indica, e obtense a cor negra. E a combinación de cores luz primarios (verde, vermello, azul) suman luz, e obtense a cor branca.

Así mesmo a cor é un aspecto físico da natureza. A cor dun material determínase pola lonxitude de onda dos raios luminosos que reflicten as súas moléculas constituíntes. Un obxecto terá unha cor determinada se reflicte (non absorbe) exactamente os raios correspondentes á frecuencia daquela cor.

Así, un obxecto é vermello se absorbe todos os raios de luz, agás o vermello.

A cor relaciónase cos diferentes lonxitudes de onda do espectro electromagnético. Son percibidas a través dos órganos de visión na faixa da "zona visíbel" como unha sensación que nos permite diferenciar os obxectos do espazo con maior precisión.

Considerando as cores como luz, a cor branca resulta da superposición de todas as cores, en canto o negro é a ausencia de luz. A luz branca pódese descompor en todas as cores (o espectro) por medio dun prisma. Na natureza, esta descomposición orixina un arco da vella.

A percepción da cor na visión humana miniatura|300px|Na visión humana, os conos captan a luz na retina do ollo. Hai tres tipos de conos (denominados en inglés S, M, e L), cada un deles capta soamente as lonxitudes de onda sinaladas no gráfico. Transformadas no cerebro correspóndense co azul, verde e vermello. Os bastóns captan as lonxitudes de onda sinaladas na curva R.

A visión é o sentido da percepción que consiste na habilidade de detectar a luz e de interpretala. É propia dos animais tendo estes un sistema dedicado a ela chamado sistema visual. A primeira parte do sistema visual encárgase de formar a imaxe óptica do estímulo visual na retina (sistema óptico), onde as súas células son as responsables de procesar a información. As primeiras en intervir son os fotorreceptores, os cales capturan a luz que incide sobre eles. Hainos de dous tipos: os conos e os bastóns. Outras células da retina encárganse de transformar a devandita luz en impulsos electroquímicos e en transportalos ata o nervio óptico. Desde alí, proxéctanse ao cerebro. No cerebro realízase o proceso de formar as cores e reconstruír as distancias, movementos, formas dos obxectos observados e distinción das cores.

A percepción da cor no ollo humano prodúcese nas células sensibles da retina que reaccionan de forma distinta á luz segundo a súa lonxitude de onda. Os bastóns perciben as tonalidades de escuridade, e só permiten distinguir as distintas tonalidades de grises entre o negro e o branco. Os conos son medidores de quantos de luz, radiacións electromagnéticas, que se transforma en información de impulsos eléctricos que máis tarde darán lugar a impresións ópticas. Hai tres clases de conos, cada un deles posúe un fotopigmento opsina que só detecta unhas lonxitudes de onda concretas, que transformadas no cerebro correspóndense aproximadamente ás cores azul, vermello e verde, é dicir, as tres cores primarias con cuxa combinación podemos percibir toda a gama de cores. No sistema da tricromática os tres grupos de conos combinados permiten cubrir o espectro completo de luz visible e son os seguintes: Cono L:  captación de ondas longas (650 nm), da zona do espectro correspondente á luz vermella, mediante o fotopigmento eritropsina. Cono M:  ondas medias (530 nm), na zona do espectro correspondente aos verdes, mediante a cloropsina. Cono S:  (polo inglés short) ondas curtas (430 nm), na zona do espectro correspondente aos tons azuis, mediante a cianopsina.

Esta actividade retiniana xa é cerebral, posto que os fotorreceptores, aínda que simples, son células neuronais. A información dos conos e bastóns é procesada por outras células situadas inmediatamente a continuación e conectadas detrás deles (horizontais, bipolares, amacrinas e ganglionares). O procesamento nestas células é a orixe de dúas dimensións ou canles de pares antagónicos cromáticos: vermello-verde, azul-amarelo e dunha dimensión acromática ou canle de clarescuro. Dito doutra maneira, estas células excítanse ou inhiben ante a maior intensidade do sinal do vermello fronte á do verde, e do azul fronte á combinación de vermello e verde (amarelo), xerando ademais un traxecto acromático de información relativa á luminosidade.

A información deste procesamento trasládase, a través do nervio óptico, aos núcleos xeniculados laterais (situados a esquerda e dereita do tálamo), onde a actividade neural é específica respecto a a suxestión da cor e do clarescuro. Esta información precisa transfírese ao córtex visual polas vías denominadas radiacións ópticas. A percepción da cor é consecuencia da actividade das neuronas complexas da área da cortiza visual V4/V8, específica para a cor. Esta actividade determina que as calidades vivenciais da visión da cor poidan ser referidas mediante os atributos: luminosidade, ton e saturación.

Denomínase visión fotópica á que ten lugar con boas condicións de iluminación. Esta visión posibilita a correcta interpretación da cor polo cerebro.

Moitos primates de orixe africana (catarrinos), como o ser humano, comparten as características xenéticas descritas: por iso dise que temos percepción tricromática. Con todo, os primates de orixe suramericana unicamente teñen dous xenes para a percepción da cor. Existen probas que confirman que a aparición deste terceiro xene foi debida a unha mutación que duplicou un dos dous orixinais. Posiblemente esta mutación estea relacionada coa capacidade para distinguir os froitos maduros dos que non o están, debido á evolución natural.

No reino animal os mamíferos non adoitan diferenciar ben as cores, as aves en cambio, si; aínda que adoitan ter preferencia polas cores avermelladas. Os insectos, pola contra, adoitan ter unha mellor percepción dos azuis e mesmo ultravioletas. Por regra xeral os animais nocturnos ven en branco e negro. Algunhas enfermidades como o daltonismo ou a acromatopsia impiden ver ben as cores. Véxase tamén: Percepción da cor.

Un tema sempre presente é o interese por entender como se xera a coloración e cal é función da cor nos seres vivos procesos produto da interacción de pigmentos biolóxicos, cor estrutural e bioluminescencia.

Teoría da cor miniatura|Mercado de teas de diversas cores en Paquistán. Cando se fala de cor, hai que distinguir entre a cor obtida aditivamente (cores formadas con luz) ou a cor obtida subtractivamente (cores formadas con pigmentos).

No primeiro caso, chamado de sistema RGB, temos os obxectos que emiten luz (monitores, televisión, Sol etc.) nos que a cor é a suma de diferentes lonxitudes de onda das cores primarias de luz: vermello + azul + verde = branco.

No segundo sistema (subtractivo ou cor pigmento) píntase unha superficie sen pigmentación(branca) mesturándolle as cores secundarias da luz (tamén chamadas de primarias en artes plásticas); Ciano + Maxenta + Amarelo = negro. Este sistema corresponde ao "CMYK" das impresoras e serve para obter cor con pigmentos (tintas e obxectos non emisores de luz).

Moitas veces chámanse cores primarias ao amarelo, azul e vermello, o que é incorrecto en ambos espazos de cor. Así o que se chama azul primario corresponde ao ciano. O vermello primario ao maxenta e o amarelo primario ao propio amarelo. O uso de cores diferentes (azul , amarelo, vermello) neste espazo de cor leva a que non sexa posíbel fabricar todas as cores, e que no círculo das cores certos opostos estean trocados.

Nótese que nada disto se coñecía antes da invención do prisma e da división do espectro da luz branca, polo que aínda hoxe ensínase en moitas das nosas escolas que amarelo, azul e vermello son as cores primarias, a partir das cales se obteñen todas as demais, o cal é falso.

A principal diferenza entre un corpo azul (iluminado por luz branca) e unha fonte emisora azul é de que o pigmento azul está a absorber o verde e o vermello reflectindo apenas azul en canto que a fonte emisora de luz azul emite efectivamente apenas azul. Se se iluminase o obxecto con esa luz, continuaría a parecer azul. Mais, se polo contrario, se iluminase cunha luz amarela (luz Vermella + Verde), o corpo parecería negro. A física da cor O espectro visible polos humanos

Dentro do espectro electromagnético constitúense todos os posibles niveis de enerxía da luz. Falar de enerxía é equivalente a falar de lonxitude de onda; por iso, o espectro electromagnético abarca todas as lonxitudes de onda que a luz pode ter. De todo o espectro, a porción que o ser humano é capaz de percibir é moi pequena en comparación con todas as existentes. Esta rexión, denominada espectro visible, comprende lonxitudes de onda desde os 380 nm ata os 780 nm (1 nm = 1 nanómetro = 0,000001 mm). A luz de cada unha destas lonxitudes de onda é percibida no cerebro humano como unha cor diferente. Por iso, na descomposición da luz branca en todas as súas lonxitudes de onda, mediante un prisma ou pola choiva no arco da vella, o cerebro percibe todas as cores. center|750px