180px|dereita|miniatura|Representación dun glissando na partitura. Glissando é un efecto que consiste en pasar rapidamente dun son a outro facendo escoitar todos os sons intermedios posibles segundo as características do instrumento. É un termo en lingua italiana que deriva do francés glisser, ou "escorregar". A técnica interpretativa variará en función do instrumento musical que deba executar o glissando.

Representación gráfica Este adorno musical represéntase nas partituras e partichelas mediante unha liña oblicua que vai dende a nota de partida na dirección desexada até a nota final. A liña pode ser ondulada ou recta, máis ou menos ancha e a miúdo vai acompañada pola abreviatura «gliss.» (véxase Figura 2). A técnica interpretativa variará en función do instrumento musical que deba executar o glissando. Na notación para voz ó comezo utilizouse unha ligadura non moi diferente da ligaduraligadura de expresión, aínda que limitada a unir dúas notas adxacentes de diferente altura.

miniatura|center|700px|Figura 2. Diversas opcións de notación do glissando.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Boyden, David D. & Stowell, Robin: «Glissando». New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. Macmillan, 2001 . Harris, Ellen T.: «Portamento (i)». New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. Macmillan, 2001 . Hoppe, Ulrich et al.: «Glissando: Laryngeal Motorics and Acoustics». Journal of Voice, 17 (3):370–376, 2003. Outros artigos Portamento

Categoría:Música