miniatura|Situación do polígono de Agrela no concello da Coruña.Estudos previos A Grela é un lugar da parroquia de San Cristovo das Viñas, entre a cidade da Coruña e o concello de Arteixo. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 2.180 habitantes (1.033 homes e 1.147 mulleres), o que supón un aumento en 166 habitantes en relación ao ano anterior.
Historia A zona ata os anos 1960 eran leiras e campeiros. Coa construción da refinaría da Coruña en 1964 quedou como zona de seguridade. A lei esixía un mínimo de dous quilómetros ao redor sen construcións. Co tempo esta zona baleira foise enchendo de empresas e pasaría a ser o polígono da Grela.
Topónimo miniatura|320px|Estadio Arsenio Iglesias, situado na Grela.
O termo A Grela procede dunha resegmentación de latín agrĕlla, diminutivo de agra, ou peza de terra, onde se interpreta ese a- inicial como artigo. É habitual atopar que esa resegmentación foi debida ao contacto co castelán, se ben non hai probas lingüísticas de que así sexa, e a resegmentación é algo habitual en todo o territorio galego. Malia que polo momento aínda non foi restituída a oficialidade da forma Agrela, nos últimos anos avanzouse cara a ese punto con accións coma a modificación do nome do polígono industrial, coa inclusión da forma Agrela no canto da Grela.
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de San Cristovo das Viñas
Parroquias da Coruña
Notas
Véxase tamén
Categoría:Lugares da Coruña Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía