O río Mao é un río galego, afluente do Cabe, que percorre a Comarca de Terra de Lemos.
Percorrido O Mao nace nas Cortiñas, unha aldea da parroquia de San Salvador do Mao (O Incio), a 950 m de altitude, e percorre terras de tres concellos: O Incio, Bóveda e Monforte de Lemos. Atravesa os núcleos de Santa María do Mao, Barxa, Xullán, Bóveda, A Eirexa e Cedrón. Desemboca no río Cabe na parroquia da Parte (Monforte de Lemos), a 320 m de altitude.
Afluentes Pola esquerda: Río da Penalba Regato de Teimoi Canal alto do regadío de Lemos
Pola dereita: Regato de Cereixedo Rego da Carballeda Río Noceda Río Teilán
Natureza e cultura
A fauna deste río sufriu unha grande alteración coa creación da presa de Vilasouto.
O río Mao é mencionado nun bo número de antigos documentos, entre eles o Tombo de Samos, que recolle información a partir do ano 854.
Mao, Rio