Antonio Ibáñez Freire, nado en Vitoria o 25 de setembro de 1913 e finado en Madrid o 9 de maio de 2003, foi un militar e político español.

Traxectoria Estudou na Academia Militar de Zaragoza (1930-1934), participou como tenente na guerra civil española e como voluntario na División Azul (1943). Foi gobernador civil de Santander (1960), Biscaia (1961) e Barcelona (1963). Foi subsecretario do ministerio de Traballo (1966) e profesor na Escola Superior do Exército, xefe do rexemento acoirazado Alcazar de Toledo. Foi procurador en Cortes. Director xeral da Garda Civil (1976-1978), durante o seu mandato creouse a Unidade Antiterrorista Rural para combater a ETA, capitán xeneral da IV Rexión Militar con sede en Barcelona (1978), foi ministro do interior (1978-1979) con Adolfo Suárez.

Categoría:Militares do País Vasco Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Gobernadores civís de Barcelona Categoría:Gobernadores civís de Biscaia Categoría:Ministros do Interior de España Categoría:Membros da División Azul Categoría:Ministros do Goberno de España da I Lexislatura