dereita|miniatura|250px|Lanzamento do apollo XVII. O Apollo XVII foi a última misión do programa Apolo da NASA. Enviado ó espazo o 7 de decembro de 1972 por un foguete Saturno V, desde a plataforma 39 A do complexo de Cabo Kennedy, en Florida (EUA). Coñeceuse oficialmente como AS-512 e foi o encargado de enviar os últimos astronautas á Lúa, pois as tres seguintes misións foran canceladas por recortes de presuposto. Despois do Apolo 17, as cápsulas Apolo restantes foron empregadas nos programas Skylab e Apolo-Soiuz.
A tripulación do Apollo XVII estaba composta polo comandante Eugene Cernan, o piloto do módulo lunar e xeólogo Dr. Harrison H. Schmitt, chamado Jack, e o piloto do módulo de mando Ronald E. Evans.
A denominación das naves, privilexio do comandante, foi Challenger para o módulo lunar e America para o módulo de mando.
O comandante Gene Cernan foi o último ser humano que pisou a superficie da Lúa nos Montes Taurus, xunto ao Cráter Littrow. O 19 de decembro a cápsula amarou en augas do océano Pacífico, poñendo fin á misión.
17